HomesociedadeFormación no Incio para a mellora produtiva dos soutos

Formación no Incio para a mellora produtiva dos soutos

Medio Rural da Deputación de Lugo financiou un curso orientado á mellora produtiva dos castiñeiros organizado polo colectivo As Cavarcas, do Incio. Na cita participaron 35 persoas, o próximo 24 de setembro celébrase unha nova xornada de formación sobre coidados xerais e poda de froiteiras

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

35 persoas recibiron formación no Incio sobre coidados xerais dos castiñeiros para a prevención de enfermidades e sobre a mellora produtiva que pode supoñer o seu inxerto. Ademais da exposición teórica sobre os distintos tipos de inxerto, o alumnado puido poñer en práctica esta técnica co asesoramento de expertos en castanicultura.

A deputada de Medio Rural, Mónica Freire destacou “a boa acollida e a utilidade desta acción formativa nun concello con moitos soutos tradicionais e con condicións naturais para a plantación destas árbores autóctonas” e encarou o apoio a esta iniciativa “no compromiso cos colectivos que traballan por un rural vivo, promovendo o aproveitamento dos seus recursos”.

O curso terá unha segunda parte o vindeiro 24 de setembro, cunha xornada sobre coidados xerais e poda de froiteiras.

ÚLTIMAS

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...