HomesociedadeObradoiros de instalacións térmicas renovables e a súa adaptación ao sector agrario,...

Obradoiros de instalacións térmicas renovables e a súa adaptación ao sector agrario, os días 5, 8 e 9 de setembro en Monforte

A Agacal organiza no Centro de Formación e Experimentación Agraria de Monforte de Lemos tres accións de formación profesional e adquisición de competencias sobre o funcionamento das instalacións térmicas renovables, e a súa adaptabilidade ao sector agrario. Os obradoiros impartiranse os días 5, 8 e 9 de setembro, desde as 10:00 ata as 14.15 horas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os cursos inclúen nocións no relativo ao funcionamento e mantemento tanto da enerxía solar coma da biomasa. Tras isto, abordaranse a aerotermia e xeotermia das bombas de calor antes de finalizar a acción formativa cunha serie de cálculos básicos que se fan a diario nas instalacións. Estas iniciativas están dirixidas á xuventude do medio rural galego, así como ás persoas vinculadas profesionalmente, ou con expectativa de incorporación, aos sectores produtivos gandeiros, agrarios, agroalimentarios e de cadea forestal-madeira.

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria, a través da formación non regrada e dentro do Plan de formación continua 2022, pretende que os asistentes a estes cursos coñezan o funcionamento das enerxías térmicas renovables, e a posibilidade de adaptalas ao eido agrario. Isto farase mediante a ensinanza do seu funcionamento e elementos básicos, co obxectivo de que os alumnos sexan os que valoren a capacidade de adaptación.

Nesta páxina poden atoparse os referidos cursos e facer a pre-inscrición en liña cubrindo os datos necesarios. O coordinador poñerase en contacto coas persoas interesadas a través do correo electrónico comunicándolle se están ou non admitidas. Para consultar calquera dúbida, pode chamarse ao teléfono 982 889 103, ou enviarse un correo a ceca.monforte@edu.xunta.gal.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte urxe a mellora inmediata da conexión da N-120 co Polígono do Reboredo

A voceira popular, Katy Varela, denuncia que o firme se atopa nun estado “totalmente...

CSIF esíxelle ao Concello de Taboada maior financiamento para o SAF

Este escrito enmárcase nunha iniciativa que o sindicato está a desenvolver en todos os...

Irmandamento entre a Feira do Viño de Amandi e a Festa da Filloa de Muimenta

O Concello de Sober aproveita a conta atrás da Feira do Viño de Amandi...

Os Bolechas ensinan sobre compostaxe doméstica na publicación “Os composteiros de Monforte”

“Os composteiros de Monforte” está protagonizado polos coñecidos Bolechas, encargados de ensinar á rapazada...