IniciosociedadeVolve o 'ViñoBús' para coñecer as vendimas da Ribeira Sacra

Volve o ‘ViñoBús’ para coñecer as vendimas da Ribeira Sacra

Tras dous anos de parón, reactívase esta actividade que ten por obxectivo dar a coñecer o cultivo do viño con especial atención á vendima. Os itinerarios, con reserva previa, faranse os días 17, 18, 24 e 25 de setembro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Volve o Viñobús á Ribeira Sacra durante o periodo de vendima da man do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra e no marco do convenio coa Axencia Turismo de Galicia para promoción do xeodestino.

Trátase dunha experiencia única onde maiores e pequenos aprenden de onde proceden as uvas, como se cultivan e a súa transformación en mosto ou en viño de forma natural.

A EXPERIENCIA DA VENDIMA

As saídas do ViñoBús serán os días 17, 18, 24 e 25 de setembro partindo do Parque dos Condes de Monforte ás 10:30 h. e con chegada de regreso ás 16:30 h. A actividade consistirá, unha vez se chegue ao destino co autobús, en dar un paseo guiado polos viñedos con persoas que coñecen a vide e como coidala, as variedades de uva e as súas diferentes follas, a importancia do chan… A continuación tamén se realizará unha cata de uvas, mostos e viños, percibindo os distintos aromas, sabores e texturas.

E como non podía ser doutro xeito nesta época do ano, os e as participantes desta orixinal excursión, vendimarán e pisarán os acios recollidos como se facía antigamente. A continuación introducirase o mosto obtido nas cubas para a fermentación e os enólogos ocuparanse de coidar este viño ata o seu embotellado. Aquelas persoas que o desexen, e pagando os gastos de envío, poderán meses despois gozar dese viño no que participaron como vendimadores solicitando o envío á casa das botellas que queiran.

Cómpre facer reserva previa da actividade a través da web do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra e a organización recomenda levar roupa e calzado axeitados para a ocasión. No prezo da actividade inclúese, ademais do desprazamento en bus e os/as guías acompañantes, o xantar dese día na adega.

ÚLTIMAS

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...

Estudantes de Monforte e Vigo álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

Publícase a declación de utilidade pública e interese social dos polígonos agroforestais de San Xoán de Río e Carballedo

No que vai deste ano, son 7 os polígonos agroforestais aprobados en toda Galicia...

Festa da Xuventude en Chantada este 19 de abril desde as 19:00h

Desde as 19:00h. ás 23:00h. actuarán as charangas Mekanika Rolling Band (comeza na Avda....