HomesociedadeO CCU de Monforte celebra a ‘volta ao cole’

O CCU de Monforte celebra a ‘volta ao cole’

Será a fin de semana do 10 e 11 de setembro, con máis diversión que nunca grazas a actividades como o touro mecánico ou un futbolín humano que farán gozar a pequenas e pequenos na Praza da Compañía

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A asociación de comerciantes de Monforte de Lemos –CCU Monforte— montará na Praza da Compañía un Parque Infantil con divertidos inchables e outras sorpresas os días 10 e 11 de setembro. Entre as distintas actividades que poderán gozar os máis pequenos e pequenas estarán: un touro mecánico, un futbolín humano, unha diana, o pau tolo, varredora e moitas máis sorpresas.

COMO CONSEGUIR AS ENTRADAS?

Nesta ocasión non haberá entradas como tal, as entradas serán os propios tickets de compra dos establecementos asociados ao Centro Comercial Urbano de Monforte.

Para poder acceder a algunha das atraccións do Parque Infantil instalado na Compañía haberá que presentar un ticket de compra de 10 ou máis euros e só serán válidos con data do 1 de setembro ou posterior. Cada ticket dará acceso a unha das actividades.

Os organizadores aconsellan, como sempre, estar pendentes das redes sociais onde é posible que se agasallen pases entre os/as seguidores/as.

 HORARIO

As actividades do Parque Infantil do CCU estarán abertas ao público no seguinte horario:

-Mañá: de 11.00 h a 14.00 h.

-Tarde: de 17.00 h a 21.00 h.

Esta campaña de dinamización está cofinanciada pola Xunta de Galicia.

ÚLTIMAS

O IES Fco Daviña Rey abre as súas portas coa II Feira de Formación Profesional

Segundo nos conta Raquel Aira, Directora do IES Francisco Daviña Rey, en Monforte houbo...

Chantada presenta o cartel da súa XLIII Feira do Viño

O Concello de Chantada, organizador da Feira do Viño, segue apostando pola imaxe que...

Cor verde para conmemorar o Día Mundial do Cancro

Este mércores, na rúa Cardeal de Monforte celebrouse o acto central da programación do...

María José Gómez presenta en Chantada uha convocatoria “histórica” do programa Leader

Durante a visita, a conselleira explicou que proxectos coma o de Efigalia Energy exemplifican...