HomesociedadeUnha trintena de maiores de 50 anos fórmanse en Monforte co programa...

Unha trintena de maiores de 50 anos fórmanse en Monforte co programa “Camiños de Coñecemento e Experiencia”

O programa de seminarios e activades prácticas desenvolverase no Centro Cívico de Monforte (Paseo do Malecón) ata o 13 de setembro de 2022.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A  Tenente de Alcalde, Gloria Prada inaugurou no Centro Cívico de Monforte as xornadas “Camiños de coñecemento e experiencia. Proxecto de democratización do coñecemento”, encadradas dentro nun programa de formación universitaria dirixido a maiores de 50 anos, froito do acordo que a entidade monfortina estableceu coa Universidade de Santiago de Compostela (USC). No acto estivo acompañada pola Directora do Programa Universitario de Maiores, Mª Esther Olveira Olveira.

O programa de formación universitaria, que por terceira vez se celebra en Monforte con estas características, está composto por diversos seminarios formativos, totalmente gratuítos. Neste senso, cabe destacar o éxito no número de inscricións, que se cifra en 29 persoas, 14 máis que na edición anterior. Nestas xornadas, púidose inscribir calquera persoa maior de 50 anos, de xeito totalmente gratuíto, e non era necesario posuír ningunha formación previa específica.

Camiños de coñecemento e experiencia 2022

  • Visita a Santo Estevo de Ribas de Miño e San Paio de Diomondi (Saviñao). 07/09/2022 17:30-19:00 h. Dirixida por Carolina Casal Chico, doutora en Arte Medieval.
  • Sesión práctica: “A herdanza en Galicia”. 09/09/2022 17:30-19:00 h. Impartido por Xaime Requeixo Souto, Doutor en Dereito Civil.
  • Seminario: “Alimentación saudable para toda a familia. 12/09/2022 17:30-19:00 h. Impartido por Sara López Mateo, Graduada en Nutrición Humana e Dietética. Profesora do Programa Universitario para Maiores, IV Ciclo da USC.
  • -Sesión práctica: “Deseño dun menú saudable. 13/09/2022 17:30-19:00 h. Impartido por Sara López Mateo, Graduada en Nutrición Humana e Dietética.

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...