HomesociedadeEste 7 de setembro Taboada celebra a Queima das Fachas

Este 7 de setembro Taboada celebra a Queima das Fachas

A festa da queima das Fachas de Castelo no municipio de Taboada celébrase na noite do 7 ao 8 de setembro. Coa queima das Fachas ábrense as festas patronais da parroquia de Castelo dedicadas a Santa María. A queima das fachas preséntase como unha tradición celta da que non se ten constancia escrita, pero si se coñece que se mantivo en época romana, ata o punto de que sobreviviu ata os nosos días.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Queima das Fachas, festa declarada de Interese Turístico de Galicia en outubro do 2008 e Ben de Interese Cultural, encerra en si toda a simboloxía druída: utiliza o lume para queimar as fachas e o círculo e a planicie (sobre o castro de Castelo colócanse en círculo as Fachas).

Fachas colocadas no alto do castro para arder/facebook

A festa comezará ás 21.00 con pulpada e carne ao caldeiro amenizada polo grupo de gaitas, Rechouchíos, e actuación de Tango en Xaneiro. Ás 23.30 comezará a queima das fachas que estará seguida de verbena coa orquestra Pontevedra e Dj Casanova.

Os días 8 e 9 de setembro contarase con misa solemne e sesión vermú. O xoves contarase con verbena coa orquestra, La Gira e o venres actuará o Dúo Eclipse.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...