HomesociedadeRemata a mellora da estrada autonómica LU-611 en Bóveda

Remata a mellora da estrada autonómica LU-611 en Bóveda

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade dota de novo asfaltado o treito da LU-611 ao seu paso polo concello de Bóveda. As obras de mellora comezaban este verán e rematan nesta semana.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, comprobou este mércores a marcha dos traballos, que supoñen o reforzo do firme de máis de catro quilómetros desta estrada de conexión con Taboada, desde a glorieta de Rubián -no punto quilométrico 1 – ata o punto 5+030. Os traballos quedarán concluídos este xoves.

Nesta vía executouse a regularización do pavimento e a continuación dotouse dunha nova capa de rodadura con mestura bituminosa en quente en todo o ancho da calzada.

Arias lembrou que estes traballos están incluídos nun contrato de máis de 1,5 millóns de euros para acondicionar tres estradas que vertebran as comunicacións da Zona Sur de Lugo. Así, ademais da LU-611, tamén se actúa na LU-617 e a LU-603 no seu percorrido por Monforte de Lemos, Pantón, O Saviñao e Bóveda.

A renovación do firme completarase cunha serie de actuacións para mellorar a seguridade como a instalación de sinalización horizontal, tacos de resalto, captafaros, barreira de seguridade ou cunetas.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...

“As desterradas”, obra dirixida por Quico Cadaval, hoxe en Monforte

A función, organizada polo Concello de Monforte a través do circuíto da Rede Galega...

Como reacciona a oposición de Monforte á dimisión da concelleira de Igualdade, Margarita López?

A voceira popular en Monforte, Katy Varela, lembra que reclamaron desde o comezo a...

Recepción en Monforte ao novo Tenente Xefe do Destacamento de Tráfico

O rexedor, que estivo acompañado pola tenente alcalde, Gloria Prada, deulle á benvida á...