HomesociedadeObras de Naturgy nos Peares obrigarán a suspender as rutas polo Miño...

Obras de Naturgy nos Peares obrigarán a suspender as rutas polo Miño a partir do 9 de outubro

A Deputación Provincial de Lugo informará aos usuarios afectados pola incidencia e ofrecerá alternativas como adiantar a data da viaxe ou coller os catamaráns polo Sil. Estas rutas saen do embarcadoiro Ponte do Sil, en Monforte de Lemos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A empresa Naturgy Generation SLU, empresa concesionaria do aproveitamento de auga no río Miño, vén de comunicarlle á Deputación de Lugo que ten previsto realizar a partir de outubro un descenso do nivel do encoro dos Peares para realizar obras de mantemento, feito que impide a navegación con seguridade para as embarcacións que cobren a ruta fluvial en catamarán polo Miño e parten do Saviñao.

Ante esta situación, a institución provincial vese na obriga de suspender este servizo a partir do día 9 de outubro e recomenda como alternativa á experiencia de navegar polos canóns da Ribeira Sacra coller os catamaráns que seguen operativos e que van polo Sil, saíndo do embarcadoiro Ponte do Sil, en Monforte de Lemos.

Respecto deste itinerario, en setembro haberá rutas de luns a domingo, en horario de mañá, tarde e noitiña. A partir do 1 de outubro e ata a ponte de decembro pasarán a funcionar de mércores a domingo con dúas viaxes por día, a excepción da ponte de Todos os Santos, que haberá servizo tamén o 31 de outubro e o 1 de novembro.

PERCORRIDO AFECTADO POLA INCIDENCIA

A Deputación porase en contacto coas persoas que xa fixeran a súa reserva na ruta polo Miño dende o 10 de outubro ata finais de ano, informándoas da situación e facilitándolles alternativas como adiantar a data da viaxe ou realizar a ruta polo Sil.

O percorrido polo Miño funcionará con normalidade ata o 9 outubro, momento no que quedarán interrompidas as viaxes. En concreto, en setembro o servizo funcionará durante toda a semana, con viaxes de luns a domingo. En outubro funcionará as fins de semana dos días 1 e 2 , e do 8 e 9.

ÚLTIMAS

Os museos de Quiroga amplían o seu horario na tempada de verán

De luns a venres os dous museos abrirán de luns a venres, en horario...

Rosa Rodríguez recibe a Medalla Castelao arroupada por unha delegación de Sober

A doutora, Rosa Rodríguez, despois de 35 anos exercendo no centro de saúde de...

“Reboiras: Acción e corazón”, este 1 de xullo en Multicines Hollywood

"Reboiras: Acción e corazón" aborda a traxectoria vital e política de Moncho Reboiras, militante...

O PP de Monforte esixe ao Concello de Monforte sinalizar Ribas Altas como “zona non apta para o baño”

A voceira popular, Katy Varela, explica que xa levan anos pedinso ao goberno de...