CCOO Lugo alertara, nas últimas semanas, sobre as irregularidades cometidas por Gescor. Segundo o sindicato producíanse retrasos continuados nas nóminas de todos os traballadores e había irregularidades na confección das mesmas, chegando a descontarlles aos traballadores o 50% do seu salario. Traballadores aos que o sindicato agradece o seu traballo e implicación, porque, segundo din, de non ser por eles, na última quincena de setembro os alumnos non poderían comer. A este respecto foi importante a colaboración entre a dirección dos centros de ensino e os traballadores.
O sindicato louba as medidas tomadas pola Xunta investigando os feitos e rescindindo o contrato coa empresa. Agora esperan, desde CCOO Lugo, que a nova concesionaria, Arias catering, desenvolva o seu cometido como corresponde, ofrecendo un bo servizo aos alumnos e xestionando os pagos aos traballadores en tempo e forma.