HomesociedadePrazo aberto en Sober para inscribirse nos servizos Madrugadores e Ludotardes

Prazo aberto en Sober para inscribirse nos servizos Madrugadores e Ludotardes

Estes servizos de conciliación son gratuítos para as familias, préstanse en horario de 7:45 a 9:30 e de 15:45 a 17:30 horas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Sober volve poñer en marcha para este curso 2022/2023 o servizo ‘Concilia’ para a atención do alumnado antes e despois da xornada ordinaria lectiva de forma gratuíta para as familias. O prazo de inscrición xa está aberto e pode formalizarse no departamento de Servizos Sociais ou no propio CEIP Virxe do Carme.

Trátase dun servizo de axuda ás familias dos alumnos e alumnas matriculadas neste curso no colexio de Sober que necesiten ou desexen que os seus fillos e fillas entren antes ou saian máis tarde do colexio. Os nenos e nenas participantes estarán atendidos por profesionais que coordinarán distintas actividades.

O servizo de madrugadores atenderá aos escolares antes do horario ordinario e funcionará en horario de 7:45 a 9:30 da mañá no que o profesional se encargará da atención aos alumnos realizando diversas actividades que axudarán aos nenos e nenas a comezar o día da mellor maneira a través de xogos, actividades de lectura, debuxo, etc.

E xa polas tardes ofrecerase un servizo de ludotardes no que os nenos e nenas poderán aproveitar para compartir cos seus compañeiros xogos e actividades antes de ser recollidos polas súas familias. O horario destas ludotardes será de 15:45 a 17:30 horas.

Desde o Goberno local recoméndase inscribir aos nenos aínda que non vaian facer uso do servizo de xeito regular, posto que cando precisen botar man del xa teñen os trámites feitos.

O alcalde, Luis Fernández Guitián, explica que “este servizo favorece a conciliación laboral e familiar ao mesmo tempo que afonda na aprendizaxe dos nenos e nenas e lles permite divertirse cos compañeiros e compañeiras” e , polo tanto, anima ás familias que o precisen a inscribir aos nenos e nenas. O rexedor destaca que “Sober é o único Concello de toda a comarca que conta cos dous servizos de atención ao alumnado tanto o de ‘Madrugadores’ coma o de ‘Ludotardes’.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...