Homesociedade575.005 quilos recolleitos na D.O. Ribeira Sacra tralo comezo oficial da vendima

575.005 quilos recolleitos na D.O. Ribeira Sacra tralo comezo oficial da vendima

A D.O. Ribeira Sacra fixaba como data recomendada para o inicio oficial da vendima este 15 de setembro, aínda que algunhas adegas iniciaron a recollida de uva de determinadas variedades no últimos días de agosto.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Tras o primeiro día oficial de vendima entraron en adega 575.005 quilos de uva, dos que a maioría corresponden a Mencía, 251.682 quilos. As cantidades por variedades distribúense do seguinte modo:

Variedades tintas

  • Mencía 251.682 quilos
  • Merenzao 14.676 quilos
  • Brancellao 7.111 quilos
  • Caíno tinto 4.270 quilos
  • Garnacha 2.986 quilos
  • Mouratón 1.363 quilos
  • Tempranillo 37 quilos

  Variedades brancas

  • Godello 236.728 quilos
  • Albariño 32.245 quilos
  • Treixadura 14.343 quilos
  • Dona Branca 3.582 quilos
  • Branco Legítimo 1.334 quilos
  • Torrontés 1.163 quilos
  • Loureira 935 quilos

Das 92 adegas que esperan vendimar ao amparo da D.O. Ribeira Sacra nesta campaña, 41 están vendimando, 47 adegas estarían pendentes de comezar os traballos de recollida de uva e 4 xa finalizaron. Os viticultores rexistrados para esta vendima son 2.208 e as hectáreas rexistradas 1.270. A uva que está a entrar en adega ten un estado sanitario óptimo.

ÚLTIMAS

O 29 de setembro remata o prazo para matricularse nun novo curso da Escola de Música Samoeiro

A Escola Samoeiro leva dezaoito anos en activo, aglutinando arredor da música e do...

A UNED Sénior de Sarria celebra 12 anos coa graduación de 40 estudantes

O acto serviu para recoñecer o traballo realizado durante o curso e, ao mesmo...

Matrícula aberta para 73 prazas que quedaron libres nas Escolas Deportivas Municipais de Monforte

A oferta deportiva para este curso divídese en actividades para nenos e nenas (entre...

Nacen as “Papeiras”, galletas elaboradas no obrador das ‘Xianas’ de Taboada

Dos creadores das Galletas Xianas de Taboada, xorden agora as galletas “Papeiras”. Unha aposta...