HomesociedadeSober ofertará o servizo "Concilia" para a atención dos nenos logo de...

Sober ofertará o servizo “Concilia” para a atención dos nenos logo de horario lectivo

As familias interesadas no servizo deberán de facer a preescripción no Colexio Virxe do Carme ou no Departamento de Servizos Sociais do Goberno local

Publicado o

- Advertisement -

O Goberno local do Concello de Sober destinará unha achega económica nos Orzamentos deste ano á posta en marcho do servizo “Concilia” que crea para a atención do alumnado de primaria antes e despois da xornada lectiva.

José Luis Guitián, alcalde de Sober, declara que, “con esta iniciativa preténdese servir de axuda ás familias que o necesiten e que por motivos laborais ou doutro tipo queiran que os seus fillos poidan entrar antes ou saír máis tarde do colexo”.

Haberá un servizo de madrugadores para atender aos escolares antes do horario ordinario. Funcionará desde as 7:45 ata as 9:30 da mañán no que o profesional a cargo dos menores, atenderá ós alumnos realizando diversas actividades como son os xogos, debuxo e lectura. O horario das ludotardes será dende as 15:45 ata as 17:30 horas onde os nenos aproveitarán para compatir xogos e actividades cos seus compañeiros ata que os vaian recoller ó centro.

Esta medida está destinada exclusivamente para os alumnos que se matriculen no vindeiro curso 2018-2019 no Colexo Virxe do Carme de Sober. Os interesados deberán acudir ou ven ao propio centro para a preescripción ou ben ir ó Departamento de Asuntos Sociais do Concello. Os pais interesados poden escoller anotar ós fillos en horario de mañán, de tarde ou en ambas modalidades.

O Alcalde prevé ca inciativa teña gran acollida posto que avanza na conciliación familiar e, ademais,  presume que o prezo do servizo vai a ser simbólico.

ÚLTIMAS

Dáse a coñecer o cartel oficial da XXII Feira Medieval de Monforte

Esta mañá presentouse en rolda de prensa a imaxe gráfica representativa dun dos eventos...

O equipo de debate de BAC do IES Río Cabe na fase final do Parlamento Xove

O equipo de debate de BAC do IES Río Cabe, integrado por Sabela Castro...

8M en Monforte con presenza do alcalde e sen a oposición

A concentración tivo lugar ás 13.00 horas na Praza da Compañía, diante das Casitas,...

O BNG de Pantón homenaxea no 8M a Cándida Fernández

Durante os próximos meses dende o BNG de Pantón aseguran que seguirán promovendo actos...