HomesociedadeXornadas sobre tratamentos con drons en sanidade vexetal, do 27 ao 30...

Xornadas sobre tratamentos con drons en sanidade vexetal, do 27 ao 30 de setembro en Monforte

Os obradoiros, organizados pola AGACAL impartiranse no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal os días 27, 28, 29 e 30 de setembro cun horario de mañá desde as 10,00 ata as 14,15 horas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria, a través da formación non regrada e dentro do Plan de formación continua 2022, persegue neste caso dar a coñecer os conceptos básicos nos tratamentos aéreos, as normativas ás que están suxeitos e os drons como maquinaria agrícola alternativa para a realización de tratamentos preventivos, mellorantes ou curativos en sanidade vexetal.

A iniciativa está dirixida á xuventude do medio rural galego, así como ás persoas vinculadas profesionalmente, ou con expectativa de incorporación, aos sectores produtivos gandeiros, agrarios, agroalimentarios e da cadea forestal-madeira.

O programa formativo recolle primeiramente a evolución e tendencia da agricultura dando conta de diferentes esixencias normativas, para logo abordar a xestión integrada de pragas e a agricultura de precisión, con revisión de conceptos e exemplos prácticos. Deseguido, tratarase a normativa sobre seguridade aérea e sanidade vexetal e os tratamentos con drons, para finalizar cunha demostración atendendo á preparación de equipos, ao voo e á comprobación de eficiencia do tratamento.

Nesta páxina poden atoparse os referidos cursos e facer a preinscrición en liña cubrindo os datos necesarios. O coordinador poñerase en contacto coas persoas interesadas a través do correo electrónico comunicándolle se están ou non admitidas. Para consultar calquera dúbida, pode chamarse ao teléfono 982 889 103, ou enviarse un correo a ceca.monforte@edu.xunta.gal.  

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...