HomesociedadeComezan as obras de arranxo do piar da Ponte de Piñeira en...

Comezan as obras de arranxo do piar da Ponte de Piñeira en Monforte

"Nos próximos 5 días levarase a cabo a colocación de micropilotes nunha profundidade de 9 metros para estabilizar o terreo e proceder á construción do novo piar”, subliñou o José Tomé.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola Tenente de Alcalde, Gloria Prada, e o Concelleiro de Obras, Medio Rural e Servizos, José Luis Losada, visitou este mércores o inicio dos traballos de construción do novo piar da ponte de Piñeira, unha vez rematados os informes técnicos e determinados os traballos necesarios para levar a cabo a súa reposición.

O pasado mes de xuño detectáronse deficiencias neste piar da ponte de Piñeira que podían poñer en perigo ós seus usuarios, o Alcalde decidiu decretar o seu peche, tanto ó tráfico de peóns como de vehículos, co obxecto de levar a cabo os estudos pertinentes encamiñados a analizar polo miúdo a deficiencia do piar, así como revisar o seu estado xeral, para proceder á súa reparación. Os informes emitidos indican que se produciu un descalce da cimentación que provocou un asento e un xiro do piar, que tivo como consecuencia a perda de apoio entre o taboleiro e dito piar, o que obrigou ao corte da vía por falta de capacidade estrutural.

Os traballos estarán rematados na súa totalidade, se as circunstancias do tempo o permiten, aproximadamente a finais do mes de outubro. Dado que as obras son contratadas por emerxencia, o custe das actuacións estímase segundo os técnicos, en 200.000 euros máis ive –242.000 euros–.

”Unha vez estean rematadas as obras procederemos ó restablecemento do tráfico de vehículos e de persoas, previsiblemente en novembro, unha vez que estea endurecido o novo piar”, aseguraba o rexedor local.

ÚLTIMAS

Desde o 20 de xaneiro pódense solicitar as actuacións do Tradigalu

A área de Cultura destina 295.000 euros ao programa que ten como principal obxectivo...

A oposición de Monforte volve levar a pleno as deficiencias do abastecemento

Esperta Monforte leva ao próximo pleno unha moción pola votación da moción que presentou...

Formación Dixital en Pantón o 19 e 20 de xaneiro

Os cursos levaranse a cabo no centro sociocultural en horario de 16:00 a 19:00....

A Escudería Chantada informa da suspensión da 52 edición da Subida

Aseguran desde a Escudería que non se dan as condicións óptimas para reunir o...