O 2 de outubro Monforte corre contra o cancro

A Asociación Española contra o Cancro conta, para esta actividade, coa colaboración do Concello de Monforte e da Xunta de Galicia.

Carreira contra o cancro presentación / Concello de Monforte

A carreira solidaria do día 2 terá un circuíto urbano de cinco quilómetros que partirá ás 12.00 horas da explanada da Compañía. Para inscribirse e obter a camiseta o prezo é de 10 euros. As persoas que non queiran participar na marcha pero si contribuír co que desexen teñen a opción de adquirir un dorsal cero.

A proba contará con categorías masculina e feminina cun primeiro, segundo e terceiro premio para cada unha. As persoas interesadas poden obter máis información e apuntarse online na páxina web enmarcha.contraelcancer.es/es/evento/carreiramonforte; ou ben nas sedes do colectivo en Lugo e Monforte de Lemos.

A finalidade é recadar fondos para proxectos de investigación oncolóxica, así como plans preventivos e asistenciais. O delegado territorial destacou que este mes reforzouse a actividade en horario de tarde na Unidade de Exploración Mamográfica do Programa Galego de Deteción Precoz do Cancro de Mama, situado na praza do Ferrol (Lugo). Referiuse ademais aos novos investimentos en equipamento tecnolóxico que mellorarán a calidade asistencial na área sanitaria, entre os que destacou a futura implantación da área de PET no HULA e as novas equipacións de TAC nos hospitais da rede sanitaria pública galega.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here