IniciosociedadeRemata a mellora da Ponte de madeira do Malecón en Monforte

Remata a mellora da Ponte de madeira do Malecón en Monforte

Este xoves queda aberta ó tránsito de peóns a Ponte de Madeira do Malecón, unha vez finalizados os traballos de reparación e mellora da mesma, deseñados polo Equipo de Goberno.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta Ponte foi construída en madeira laminada e colocada no ano 1.999, fai case 23 anos. A súa lonxitude total é de 36 metros e posúe un dobre arco lateral con taboleiro central. Cada un dos arcos laterais está formado, á súa vez, por outros dous unidos transversalmente. As obras que se realizaron para levar a cabo a reparación da Ponte de madeira sobre o río Cabe consistiron na:

  • Comprobación e reparación dos elementos de unión das vigas, subsanando o estado de oxidación dos elementos metálicos.
  • Limpeza, lixado e lasurado de todas as pezas de madeira da Ponte.
  • Reparación de gretas existentes nalgunhas pezas, coa aplicación de vernizado a través de resina epoxi.

Para esta actuación de mellora da Ponte do Malecón, o Concello destinou un orzamento de 48.387,90 euros.

O rexedor monfortino recordou que, “dado o tempo transcorrido dende a súa construción e vista as necesidades de mantemento que presenta, dende o Equipo de Goberno decidimos actuar para mellorar esta Ponte, co dobre obxectivo de evitar que se seguise deteriorando a madeira e de garantir a seguridade das persoas que pola Ponte transitan todos os días”.

ÚLTIMAS

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...

70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego de Monelo, en Sarria

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián,...