O servizo conta con mais de 75 usuarios desde o seu inicio a día de hoxe, dos cales máis de 15 usuarios recibiron a alta por ter cumprida a idade límite para permanecer no servizo. Este servizo está subvencionado pola Xunta de Galicia con 160.000,00 euros.
O servizo de atención post temperá xorde pola necesidade que presentan as familias usuarias do Sat ante a finalización do servizo por superar a idade máxima na estadía no centro e a imposibilidade de desprazarse fora dos concellos da agrupación para continuar coas intervencións. Xa que a partir dos 6 anos prodúcese o que as familias definen como “desatención” por parte do sistema público de atención primaria comunitaria aos seus fillos porque se produce unha interrupción brusca na atención socio-sanitaria aos nenos con dificultades no desenvolvemento, precisamente nun momento de máxima necesidade de atención que é o inicio da etapa escolar.
O Servizo de atención post temperá ten como obxectivo principal dar unha continuidade aos programas de atención temperá naqueles nenos que entre 6 e 12 anos que o precisen, mantendo os tratamentos dirixidos as dificultades no seu desenvolvemento, o seu crecemento e a súa socialización.
O servizo compartirá as instalación co SAT situado na Ribeira e na súa delegación do Saviñao. Contará cun equipo multidisciplinar que ofrece os servizos de:
- Logopedia
- Psicoloxía
- Fisioterapia
- Terapia ocupacional
- Pedagoxía terapéutica.
As dificultades que se atenderán son: Problemas emocionais e psicolóxicos, dificultades do vínculo e das relacións sociais., manifestacións precoces no ámbito da saúde mental infantil, problemas de fala, voz, audición, deglución, linguaxe oral e/ou escrito, problemas motores, problemas de aprendizaxe e outros vinculados ao ámbito escolar.
Para acceder o servizo o usuario deberá pertencer a un dos 8 concellos que constitúen a agrupación de concellos, ter entre 7-12 anos, ter un trastorno no desenrolo diagnosticado. O prezo mensual que se solicita as familias é dun máximo de 60€ coa posibilidade de acceder os 5 profesionais cos que conta o servizo.