Homesociedade163.000€ na mellora de Rof Codina para dar saída á zona C

163.000€ na mellora de Rof Codina para dar saída á zona C

O asfaltado tanto da rúa Rof Codina como da súa ampliación, supón un avance moi significativo das actuacións nesta zona da cidade, polo que o Alcalde tamén anunciou que a previsión é que as obras da Zona C rematen a finais de outubro ou principios de novembro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada, e o Concelleiro de Obras, Medio Rural e Servizos, José Luis Losada, supervisou este martes as obras de asfaltado da rúa Rof Codina.

As actuacións de mellora na rúa Rof Codina, contaron cun orzamento de 163.398,41 euros (IVE engadido). O Concello actualmente está desenvolvendo as obras de urbanización e dotación de servizos na Zona C. A empresa Misturas Obras e Proxectos S.A. executa as obras por un importe de máis de  915.000 euros (915.225,85€).

Así, xunto co asfaltado de Rof Codina, o Concello está avazando noutras obras complementarias da Zona C, como o remate do paseo da zona da Gardería Municipal, a dotación de céspede a todas as zonas verdes previstas ou a iluminación LED, “actuacións nas que se está a traballar a bo ritmo e que permitirán rematar as obras nas datas sinaladas”, subliñou José Tomé.

Actuacións de mellora en Rof Codina

A calzada ten un ancho fixo de 3,50 metros e as beirarrúas anchos variables de entre 2,65 e 2,85 m., co cal levarase a cabo unha ampliación do espazo para uso peonil, humanizando deste xeito o conxunto da actuación, dende a Avenida de Galicia ata a rúa Cobas.

O Alcalde recorda que “todas as novas rúas, que son tres as relacionadas con este proxecto, serán de dirección única, e polo tanto é necesario que o inicio de Rof Codina tamén sexa de dirección única en sentido dende a Avenida de Galicia ata a rúa Cobas, mentres que a rúa que da acceso á Gardería Municipal terá un sentido de circulación como as agullas do reloxo, entrando dende a rúa Ourense e saída cara a rúa Cobas”.

ÚLTIMAS

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...