HomesociedadeNon todas as traballadoras do SAF de Chantada se ven representadas pola...

Non todas as traballadoras do SAF de Chantada se ven representadas pola CGT

Insisten en que na iniciativa da CIG demándase á empresa a aplicación do incremento do IPC real do ano 2021 (6,5%), que prevé o Convenio Colectivo de Axuda a Domicilio de Galiza (que é o convenio que aplica de momento a empresa), "e que a empresa non está cumprindo polo que se está quedando con cartos das traballadoras."

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Diante do comunicado elaborado e publicado conxuntamente polo sindicato CGT e polo denominado grupo SAF Chantada, outras traballadoras do SAF aseguran non sentirse representadas.

Informan de que o día 6 de outubro de 2022, dous días despois da convocatoria da CGT, celebrouse unha asemblea de traballadoras convocada pola CIG, “na que se manifestou o apoio á liña sindical que maioritariamente se tiña defendido en anteriores asembleas e que nunca foi imposta nin polo sindicato nin pola delegada, senón que é decidida colectivamente despois de debaterse e acordase nestas asembleas”.

Aseguran que na cita coa CIG as traballadoras amosaron o interese en centrar os esforzos na reivindicación de demandar á empresa o cumprimento íntegro das sentenzas xudiciais “do Conflito Colectivo promovido pola CIG, para que se continúe aplicando o Convenio Colectivo do Concello de Chantada e que nestes momentos está recorrido pola empresa, ao ser favorable para as traballadoras en cuestións como xornada semanal de 37,5 horas, pago quilometraxe, tempos de desprazamento como tempo de traballo tanto ao primeiro como ao último domicilio, permisos acompañamento familiares, 9 días de asuntos propios, trienios ao 3% do salario.”

Este colectivo de traballadoras conclúe, “non buscamos crear divisións, si defender os nosos intereses sen dúbidas contra quen temos que dirixir as nosas reivindicacións, que non son outros que a empresa Samain que neste caso é a responsable directa dos incumprimentos en materia laboral e o Concello de Chantada como responsable do Servizo.”

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...