HomesociedadeClausura e xornada Demo Day con 16 proxectos do Coworking Ribeira Sacra

Clausura e xornada Demo Day con 16 proxectos do Coworking Ribeira Sacra

O Centro Cívico de Monforte acolleu o acto de clausura da sexta edición do Coworking Ribeira Sacra de Monforte, no que se presentaron os 16 proxectos xurdidos daquel, na xornada coñecida como Demo Day.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No acto de clausura do Coworking-Ribeira Sacra de Monforte participaron a Subdirectora da Oficina Galicia Emprende, Fany Suárez, o Director da Área de Desenvolvemento de Pemes da Escola de Organización Industrial, Javier Benito e a Tenente de Alcalde, Gloria Prada

Tras as intervencións, déronse a coñecer os 16 os proxectos protagonistas desta sexta edición do Coworking Ribeira Sacra e que se materializaron en empresas que xa están comezando a dar os seus primeiros pasos.

Na súa intervención, a tenente de Alcalde monfortina, salientou que “é un  orgullo e unha satisfacción tanto para o Alcalde coma para o Equipo de Goberno comprobar que na nosa cidade segue habendo ideas emprendedoras, e desexamos que tralo voso paso polo Coworking poidades levar adiante o voso proxecto de empresa. Tódalas edicións levadas a cabo ata agora do Coworking-Ribeira Sacra de Monforte foron un éxito, por iso confiamos en que esta no sexa a última edición e que sigan vindo outras“.

Do mesmo xeito, Gloria Prada salientou “Atopámonos no interior de Galicia, onde é moi necesario crear postos de traballo e asentar poboación e así ter un crecemento económico. Deste xeito, as iniciativas empresariais que se dean no noso territorio son moi importantes. Por iso, o éxito das vosas iniciativas e de vós como emprendedores é un éxito para esta comarca de Lemos.” A Tenente de Alcalde rematou animando aos participantes a non perder o ánimo e a seguir loitando polas súas ideas e pola súa empresa ou negocio.

Coworking clausura 2022 / concello de Monforte

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...