HomesociedadeEn novembro a ponte de Piñeira podería abrirse ao tráfico

En novembro a ponte de Piñeira podería abrirse ao tráfico

José Tomé Roca informa do bo desenvolvemento dos traballos previstos para solucionar a situación do piar da ponte de Piñeira, logo de que esta estrutura fora pechada ó tráfico a finais do pasado mes de xuño, tras detectarse unha deficiencia en dito piar.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O pasado mes de xuño, tras detectarse deficiencias neste piar que podían poñer en perigo ós usuarios da ponte, o Alcalde decidiu decretar o seu peche, co obxecto de levar a cabo os estudos pertinentes encamiñados a analizar polo miúdo a deficiencia do piar, así como revisar o seu estado xeral, para proceder á súa reparación.

Tal e como anunciara o rexedor monfortino hai unhas semanas, os traballos estarán rematados na súa totalidade, se as circunstancias do tempo o permiten, aproximadamente a finais do mes de outubro.

Debido a que as obras foran contratadas por emerxencia, o custe das actuacións estímase segundo os técnicos, en 200.000 euros máis ive, o que ascenderá a 242.000 euros aproximadamente.

”Unha vez estean rematadas as obras de arranxe da ponte de Piñeira”, concluíu o Alcalde, procederemos ó restablecemento do tráfico de vehículos e de persoas, previsiblemente en novembro, unha vez que estea endurecido o novo piar”.

Traballos de reposición do pilar

Unha vez analizada a situación da ponte e emitidos os pertinentes informes, trala revisión de estrutura e coa conformidade das administracións autonómica e do Estado, competentes na materia, os traballos que se están a levar a cabo para a reparación da ponte son os seguintes.

1.- Desvío do cauce a través dos vanos da marxe esquerda do río Cabe:

  • Colocación de barreiras antiturbidez
  • Desbroce das marxes.
  • Retirada de material existente na marxe esquerda para a recuperación do ancho  orixinal, alcanzando a capacidade necesaria para o desvío.
  • Formación de camiño de acceso a través da área recreativa.

2.- Formación de plataforma de traballo, con recheo de escollera:

  • Apeo do correspondente taboleiro.
  • Execución dos sondeos necesarios para a caracterización do solo, para a elección da solución máis axeitada para as condicións da cimentación co obxecto de reconstruír o piar.
Ponte de Piñeira obras / concello de Monforte

3.- Colocación de cimbra de apeo do taboleiro:

Esta colocación lévase a cabo en dous puntos situados antes e despois do pilar dúas, co que se permitirá a execución dos traballos necesarios para a reconstrución do piar afectado.

4.- Execución da cimentación profunda mediante micropilotes e encepado, nunha profundidade de 9 metros para estabilizar o terreo, sobre a que se construirá de novo o piar, coa mesma forma dos piares existentes.

5.-Reposición ao estado inicial do cauce do río Cabe:

  • Retirada da delimitación do canal de derivación da marxe esquerda
  • Retirada da cimbra
  • Retirada da escollera da marxe dereita
  • Restauración do cauce do río.
  • Restauración da zona de acceso á ponte, de persoas e vehículos.

ÚLTIMAS

Os socialistas de Triacastela acusan ao goberno local da marcha da maior empresa local

Metal Power é unha empresa familiar que conta con preto de vinte traballadores, sendo...

3ª edición de ‘Brincadeira’, o festival que recupera o ‘brindo’ na Pobra do Brollón

Brindadeira xurdiu no ano 2023 como parte dunha iniciativa do goberno municipal para recuperar...

75.000€ para mellorar a Praza Luis García Arias en Chantada

Esta praza reformárase hai 15 anos co bipartito para crear un espazo complementario aos...

Quiroga presenta as actuacións das festas de verán que se celebrarán do 7 ao 11 de agosto

As festas do xoves abriranse cun concerto do grupo local, Mario Colomán & The...