HomesociedadeAlbores combate a fenda dixital de xénero das mulleres rurais do colectivo...

Albores combate a fenda dixital de xénero das mulleres rurais do colectivo da saúde mental

O obxectivo do ciclo é facer máis accesibles as novas tecnoloxías a un colectivo de mulleres especialmente afectado pola fenda dixital, as mulleres rurais do colectivo de familiares e persoas con problemas de saúde mental.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No marco do Día Internacional da Muller Rural, a Asociación Albores promove en colaboración con Fundación Mujeres unha serie de obradoiros para mulleres coidadoras. O programa vai dirixido principalmente a dous colectivos:

  • Mulleres coidadoras con problemas de saúde mental e
  • Mulleres coidadoras de persoas con enfermidade mental.

A muller rural e a saúde mental

  • As mulleres do Lugo sur rural con enfermidade mental grave (principalmente esquizofrenia e trastorno bipolar) viven unha situación oposta á dos homes. A miudo son as responsables das tarefas domésticas e de coidados do resto da familia, quedando nun segundo plano o seu propio autocoidado. Pola contra, cando quen ten enfermidade mental grave é home, a familia non lle pide que se faga cargo de tarefas. O recoñecemento das capacidades destas mulleres é positivo en tanto en canto a familia valora a súa aportación, mais por outro lado perxudícaas porque non lles deixa tempo para desenvolvan o seu proxecto laboral e de vida.
  • Na contorna, 9 de cada 10 persoas que coidan de dependentes por enfermidade mental, seguen a ser mulleres, principalmente as nais e/ou as irmás. 2 de cada 3 destas coidadoras teñen máis de 65 anos.

Os obradoiros terán lugar o 25 de outubro e o 8 de novembro en horario de 10:30-12:30 nas instalacións da aula Cemit do Edificio Multiusos. Desta quenda as prazas están cubertas, pero as interesadas en asistir a novas convocatorias poden contactar co teléfono 982.404.968 (Asociación Albores).

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...