HomesociedadeO Goberno inviste 306.000 euros para renovar a oficina de emprego de...

O Goberno inviste 306.000 euros para renovar a oficina de emprego de Sarria

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez anunciou este luns que o Goberno achega un investimento de 306.800 euros para a renovación da oficina de emprego no concello de Sarria. A subdelegada fixo este anuncio logo de manter unha reunión coa directora provincial do Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE), Estefanía Pita.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Ministerio de Traballo e Economía Social resolveu o Plan de subvencións para financiar a renovación de instalacións en oficinas de emprego con persoal do Servizo Público de Emprego Estatal. “Esta é unha demostración máis do compromiso que mantén o Goberno cos concellos da provincia, mellorando e fortalecendo un servizo imprescindible para a cidadanía, máis necesario que nunca para desenvolver con éxito as novas políticas de emprego”, manifestou Isabel Rodríguez.

Con esta nova actuación, o Goberno achega case 2,2 millóns de euros para a mellora de oficinas de emprego na provincia, en Lugo, Monforte de Lemos, Vilalba e Sarria. Estas oficinas son compartidas co Servizo Galego de Colocación da Xunta de Galicia, polo que será a Comunidade Autónoma a encargada de xestionar estes fondos do proxecto.

Este Plan de subvencións do Goberno ten por obxecto a realización de obras de renovación, adecuación e/ou reparación total ou parcial das instalacións, centros e dependencias das oficinas de emprego xa existentes ou de nova planta. O Goberno achega outros 312.880 euros para a dotación de novas instalacións en Monforte de Lemos.

ÚLTIMAS

Unha aula informatizada no Multiusos de Monforte acollerá os exames teóricos do carné de conducir

O alcalde asegura que deste modo dáse resposta a unha demanda das autoescolas locais...

SEA e o Concello de Chantada abordan a ampliación do Polígono despois da venda da última parcela

Beatriz Sestayo, xerente de Suelo Empresarial del Atlántico, asina na notaría de Chantada dúas...

Aberto o prazo para solicitar bolsas para deportistas individuais de Monforte

O prazo de presentación de solicitudes estenderase durante 10 días hábiles a contar desde...

A Oficina de Turismo de Chantada incrementa nun 10,5% os visitantes durante o verán

A Oficina Municipal de Turismo de Chantada despide a tempada de verán 2025 superando...