HomesociedadeProblemas na auga da traída municipal en Quiroga polas intensas choivas nas...

Problemas na auga da traída municipal en Quiroga polas intensas choivas nas zonas ardidas este verán

Estábanse executando obras de mellora da rede na zona afectada polos incendios deste verán pero as choivas chegaron antes do seu remate, polo que o Servizo de Augas do concello pide disculpas a todos os veciños afectados e traballa para facer todo o posible para solventar este incidente.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As intensas choivas desta fin de semana carrexaron problemas de turbidez na traída de auga municipal. Aínda que o servizo de augas tentou por todos os medios que a auga chegase ás billas dos veciños nas mellores condicións, “incluso cortando a entrada da auga aos depósitos da Ermida dende as seis da tarde de onte ata as dúas da mañá, ao baleirarse estes foi preciso restablecer a entrada de auga, coa consecuente entrada de arrastres da zona dos incendio”, aseguran desde o concello.

O alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, xa contaba no mes de agosto con que se chovía fortemente na zona de Leixazós afectada polos incendios, os arrastres irían parar ao río Ferreiriño por riba da zona de captación da auga. Isto unido a que moitos metros de tubaxe estaban afectados polo incendio e que as bombas da zona baixa do río estaban inutilizadas polas cinzas, complicaría a situación.

Para evitar que este tipo de problemas puidesen ocorrer a Xunta de Goberno Municipal decretaba a emerxencia, segundo o recollido na lei de contratos, de realizar estas reparacións e asinábase un convenio coa Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, para que Augas de Galicia financiara con 138.000 €. as reparacións que inclúen o cambio da tubaxe queimada e facer un sistema de derivación para cando sexa preciso poder bombear desde a Vergaza..

Nestas reparacións están traballando dúas empresas (unha encargándose da parte alta da captación e a outra traballando na parte baixa) para realizar os traballos no menor tempo posible. Trabállase o máis rapidamente posible pero estas choivas na zona do incendio chegaron antes do seu remate, polo que o Servizo de Augas do concello pide disculpas a todos os veciños afectados e traballa para facer todo o posible para solventar este incidente.

ÚLTIMAS

O Quixós, 1º por equipos nunha Copa de Promoción de Slalom disputada en Tomiño

O Club de Piragüismo Quixós segue colleitando éxitos. Nesta ocasión fíxoo da man das...

A 4ª etapa de La Vuelta Femenina sairá o 6 de maio de Monforte

A presentación oficial do percorrido de La Vuelta Femenina by Carrefour.es terá lugar este...

Concentración en Monforte o 10 de marzo con motivo do Día da Clase Obreira Galega

A CIG convoca para o 10 de marzo ás 20:00 horas unha concentración na...