Homesociedade14 postos no Mercado de Outono de Monforte que se celebra na...

14 postos no Mercado de Outono de Monforte que se celebra na última fin de semana deste mes

O mercado abrirá os días 29 e 30 de outubro na Praza de Abastos de Monforte en horario de mañá e de tarde coa participación de 14 postos de venda de produtos de tempada típicos do outono así como artesanía. O espazo expositivo contará ademais cunha pequena exposición de colmeas e ferramentas apícolas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Monforte recupera, tras dous anos de ausencia debido á pandemia da Covid-19, os días 29 e 30 de outubro o tradicional Mercado de Outono que acolle a Praza de Abastos de Monforte.

Un mercado de produtos típicos de outono e artesanía que contará ademais con gastronomía, contacontos musicais, obradoiros e a celebración da festa do Samaín.

O Alcalde, José Tomé Roca, destaca que “con esta actividade contribuímos a poñer en valor os produtos típicos do outono. Por outra parte, potenciamos o comercio local e de proximidade, axudando a dinamizar e crear atractivos comerciais”.

No espazo dos Mercados da Praza de Abastos, será posible, durante toda a fin de semana, adquirir produtos de tempada, como mel, pementón, cogomelos,castañas, noces, marmeladas, doces, cosmética natural, queixos ou embutidos. Este ano terá lugar unha actuación da banda folión “Os Xograres de Lemos” na Praza de España, prevista para o sábado 29 ás 9 da noite e na que interpretarán música para bailar.

Este mercado de produtos naturais e típicos de outono abrirá as súas portas o sábado 29 de outubro de 10 a 14 horas, e tamén pola tarde, de 17:30 a 20:30 horas. No caso do domingo 30, o seu horario será de 11:00 a 14 horas.

Actividades para toda a familia

Sábado 29 de outubro

  • 12:00   Contacontos a cargo de Marta OrtizContos, castañas e tea de arañas
  • 17:30   Obradoiro de cabazas (os participantes deberá traer a cabaza xa baleira).
  • 18:00   Festa de Samaín: baile de disfraces, pintacaras, contacontos e modelaxe de barro.
  • 21:00  Banda folión “Os Xograres De Lemos”- Música para bailar na Praza de España.

Domingo 30 de outubro:

  • 12:00   Contacontos con acompañamento musical a cargo de “Brais das Hortas”: contos de medo que dan risa, contos cantados e contos tradicionais.
Brais das Hortas. Foto: Charlatana

O Mercado de Outono encádrase no proxecto “Circuítos de artesanía e música galega” que o Concello organiza co financiamento do programa Territorio Cultura, ó amparo dos fondos de NextGenerationEU e o Mecanismo de recuperación e resilencia do Regulamento (UE)2021/241, concedido a través da Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia.

Con este programa o obxectivo do Equipo de Goberno de Monforte é impulsar a actividade, a creación, as prácticas nos procesos culturais contemporáneos artesanais, contribuíndo ó coñecemento e ós saberes tradicionais. E, do mesmo xeito, impulsar o sector artesanal como eixe de economía, cultura e identidade dun entorno como a Ribeira Sacra.

Dentro deste ciclo encádranse eventos comerciais, como fórmula tradicional de comercialización, coñecemento e divulgación, xunto con actuacións musicais e obradoiros interxeneracionais. Ademais do Mercado de Outono e do I Encontro de Palilleiras, este programa de “Circuítos de artesanía e música galega” que organiza o Concello de Monforte acollerá a celebración do tradicional Mercado de Nadal, no que se porán á venta produtos de artesanía e agasallos para o Nadal, complementados coa celebración de obradoiros e actuacións musicais.

E dende o Concello tamén se porá en marcha un ciclo de 6 obradoiros artesanais a partir do mes de novembro tanto nas parroquias rurais do Concello como na Praza de Abastos, cunha duración de 30 horas cada obradoiro.

ÚLTIMAS

Bóveda mellora a eficiencia enerxética en instalacións municipais

Acometéronse dúas actuacións diferenciadas. Por un lado, levouse a cabo a mellora da eficiencia...

‘Peitoescuro’ desvela a derradeiro capítulo da súa triloxía audiovisual

Primeiro foi 'Alvorada', despois seguiulle 'Metamorfose', e agora chega a terceira peza final da...

Presentación literaria de Rochi Nóvoa na Librería Papelotes de Monforte

A Librería Papelotes de Monforte de Lemos acolle unha actividade na que se dará...

Xanela ofrecerá servizos máis competitivos ao converterse en Operador Móbil Virtual

A empresa de telecomunicacións Xanela xa é Operador Móbil Virtual (OMV) despois de asinar...