HomesociedadeAbertos ao tráfico 9,7 km da ampliación da autovía entre Sarria e...

Abertos ao tráfico 9,7 km da ampliación da autovía entre Sarria e Lugo

Nesta primeira fase, abrirase ao tráfico o treito de 9,70 km da calzada dereita do novo tramo da autovía en sentido Sarria. Isto é, a calzada en sentido crecente para o tráfico que vai dirección a Sarria, desde o punto 13+500, ligazón da Pobra de San Xiao, ata punto 23+200, na ligazón de Sarria centro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

En paralelo, a Xunta segue a ultimar os traballos da 1ª fase desta autovía. A partir de mañá quedará como única afección o desvío do tráfico en sentido Monforte-Lugo pola estrada LU-546, entre os enlaces de Sarria norte e A Pobra de San Xiao.

Deste xeito, nesta última fase, os traballos céntranse na capa de rodaxe na calzada de desdobramento, así como os correspondentes á disposición de sinalización horizontal e acabados, co obxectivo de rematar as obras este outono.

A Xunta está a destinar un orzamento de 25 M€ nesta intervención que supón a adaptación dos tres enlaces do treito, A Pobra, Sarria norte e Sarria centro, e a ampliación dos seis pasos inferiores; así como a instalación dun valado reforzado para evitar o acceso de fauna salvaxe.

A segunda fase da autovía abrangue 13,5 km, entre A Pobra de San Xiao e a conexión coa A-6 en Nadela. Este traballo, adxudicado por case 270.000 €, ponse en marcha para poder dispoñer xa a mediados de 2023 dun proxecto de trazado para someter a información pública.

Autovía entre Nadela e Sarria / Delegación Territorial

ÚLTIMAS

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...

Monforte prepárase para o San Mateo

A mesa de seguridade para a celebración do San Mateo estableceu tamén a circulación...