HomesociedadeChantada comeza o 3 de novembro un programa piloto de prevención de...

Chantada comeza o 3 de novembro un programa piloto de prevención de riscos laborais no alumnado dos obradoiros de emprego

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, a través do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), impartirá mañá xoves, 3 de novembro, unha xornada de prevención de riscos laborais para o alumnado que se forma nas especialidades de atención sociosanitaria, xardinería e albanelería no obradoiro dual de emprego Serra do Faro VII, compartido polos concellos de Chantada e Carballedo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A actividade, que se imparte como proxecto piloto, quere incidir nas medidas ergonómicas e de prevención de riscos no coidado das persoas dependentes e ofrecer a todas as persoas participantes no obradoiro formación en primeiros auxilios.

O Issga está a implicarse na integración da prevención de riscos laborais na formación que se imparte nos obradoiros de emprego. O seu persoal técnico desprázase, neste caso a Chantada, para expoñer ao alumnado do módulo de atención sociosanitaria a campaña dirixida ao coidado das persoas con dependencia.

Daranse a coñecer os principais riscos e medidas de prevención para evitar a aparición de danos para a saúde nesta actividade laboral que se ocupa do coidado das persoas, altamente feminizada e que seguirá en incremento nos vindeiros anos. Utilizarase como base o material elaborado polo Issga para esta campaña co obxectivo de incidir na correcta xestión dos riscos dende tres enfoques principais: a prevención dos trastornos musculoesqueléticos, os riscos biolóxicos e os riscos psicosociais.

A primeira parte da xornada focalizada na área dos coidados celebrarase entre as 10,30 h.  e as 12,30 h. e abordará explicacións acerca de como mobilizar persoas, evitar contaxios de enfermidades ou que facer ante caso de accidentes, como as salpicaduras con fluídos, para a prevención do risco biolóxico. Durante o cursos prestarase especial atención aos riscos psicosociais das persoas traballadoras na área dos coidados.

Á segunda parte da sesión, que se celebrará entre as 13,00 h. e as 14,00,  incorporarase tamén o alumnado de albanelería e xardinería que recibirá formación en primeiros auxilios impartida por persoal de enfermaría do Issga. Neste caso abordaranse as actuacións e técnicas a aplicar cando é necesario atender a unha persoa accidentada, para actuar con inmediatez ata a chegada do equipo médico profesional para non agravar as lesións producidas e incluso poder salvarlle a vida.

ÚLTIMAS

Interesante axenda cultural e de lecer en San Clodio

O Concello de Ribas de Sil aproveita os meses de verán para ofrecer diferentes...

Como afecta ao tráfico a Subida de Chantada?

A celebración da proba automobilística supón modificacións no tráfico. Na vila de Chantada o...

O BNG de Monforte alerta de verquidos e morte de peixes no Río Cabe

Este venres varias persoas puxéronse en contacto cos responsables do BNG de Monforte para...

O Concello de Monforte destina 8.000€ para axudas a asociacións monfortinas que promoven servizos sociais

O Equipo de Goberno aprobou, na Xunta de Goberno celebrada o pasado 15 de...