HomesociedadeO alcalde de Quiroga no nomeamento de Manuel Villanueva como Fillo adoptivo...

O alcalde de Quiroga no nomeamento de Manuel Villanueva como Fillo adoptivo da provincia de Ourense

Manuel Villanueva de Castro, Director Xeral de Contidos de Mediaset España, é dende este venres “Fillo adoptivo da provincia de Ourense”. Villanueva é un asiduo visitante ao concello de Quiroga, amigo persoal do Alcalde de Quiroga e artífice de contar en máis dunha ocasión con pregoeiros da Feira do Viño vinculados con Tele5.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O rexedor local, Julio Álvarez, acudía esta venres á sede da Deputación de Ourense onde se celebraba o acto ao que estaba convidado como amigo persoal de Manuel Villanueva e institucionalmente desde a Deputación.

Neste acto tamén participaban o Consejero Delegado de Mediaset, Paolo Vasile; o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices; o Vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo; o que fora durante 24 anos presidente da Deputación de Ourense, José Luis Baltar; e a Alcaldesa de Marín, concello de onde é orixinario Manuel Villanueva, María Pilar Ramallo; ademais de familiares e amigos.

Manuel Villanueva, fillo adoptivo Ourense / Concello de Quiroga

ÚLTIMAS

Chantada abre o Poboado de Nadal e acende o alumeado o 5 de novembro ás 20:30h

A montaxe de Nadal en Chantada inaugurarase este venres, 5 de decembro, ás 20:30h....

Gandaría Quintián do Páramo recibe 2 premios de Artesanía Alimentaria na XVIII Cata dos Queixos de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, participou da entrega destes premios que...

“Hellen Keller, a muller marabilla?”, este 4 de decembro no Multiusos de Monforte

A compañía Chévere Teatro presenta “Hellen Keller, a muller marabilla?”, unha obra dirixida por...

A Pobra do Brollón apura o concurso de petiscos mentres espera unha gran xornada de Cantos de Taberna

A Pobra do Brollón espera vivir este sábado 6 de decembro outra das súas...