HomesociedadeA A.V. do Saviñao envía medidas ao Consorcio de Turismo para "aliviar...

A A.V. do Saviñao envía medidas ao Consorcio de Turismo para “aliviar o colapso circulatorio” na praia da Cova

A A.V. do Saviñao asegura que "dada a escasa receptividade do Concello do Saviñao ás medidas que dende a asociación se lle presentaran ata en catro ocasións, na última asemblea decidíuse aproveitar o portal de participación cidadá aberto polo Consorcio de Turismo para enviarlle un paquete de 5 medidas e unha recomendación para dar solución a este novo problema."

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A área da praia da Cova convertiuse nos últimos anos nun dos puntos máis visitados do territorio Ribeira Sacra “o que trouxo consigo a masificación e o conseguinte colapso circulatorio dadas as características das estradas ribeireñas que configuran a paisaxe en todo o conxunto da Ribeira Sacra”, aseguran desde a asociación.

Consideran que agora é o momento de propoñer alternativas para “salvar esta singular área dunha morte de éxito. Coñecida a posta en marcha polo Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra da plataforma de participación cidadá, Participa Ribeira Sacra, consideramos oportuno dirixirnos á entidade do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra para que se tomen medidas co tempo suficiente e coa finalidade de conseguir unha mobilidade sostible e dar solución dunha vez por todas a esta problemática que ameaza ó noso vulnerable territorio”. Tamén insisten en ter presentado estas iniciativas ata en catro ocasións no concello, sen ter tidas en conta.

A Asociación Veciñal do Saviñao propón:

  • Microbús lanzadeira. A saída debería facerse dende Fión, na bocaribeira, xa que a maior parte dos visitantes da praia proceden de fóra do Saviñao e non chegan a pasar sequera por Escairón, punto de partida ata agora. Para elo habería que habilitar un prado como espazo de aparcamento dende o que partiría dito microbus. Poderíase valorar un segundo servizo de microbús con punto de partida dende Belesar.
  • Circulación unidirecional do tráfico dende o desvio á Arxuá, pouco antes da igrexa románica da Cova, permitindo ó tránsito bidirectional aos propietarios de terras na ribeira, coa conseguinte sinalización. A baixada faríase pola igrexa da Cova e a subida por Soutomango e Arxuá. Quedaría un curto espazo bidirecional duns 400 metros onde se xuntan as dúas estradas e onde poderían colocarse uns semáforos.
  • Sinalización da prohibición da circulación de vehículos superiores a 6 metros de lonxitude, dadas as pechadas curvas existentes para advertir da imposibilidade de acceso dos grandes autobuses.
  • Sinalización do ancho da estrada para evitar a baixada dos grandes vehículos.
  • Ubicación de paneis dixitais nas zonas de estacionamento e saída dos microbuses, en Fión e Belesar, que avisen da ocupación total co coche.
  • Evitar a toda costa a modificación da paisaxe, renegando de toda idea de ampliar o ancho da estrada coa apertura de chamativos e aparatosos noiros.

Segundo a asociación veciñal estas medidas teñen a intención de conseguir un turismo de calidade e sostible, compatible coa delicada orografía e paisaxe da Ribeira Sacra.

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...