“Defensa Nacional. A adaptación permanente das Forzas Armadas” a exposición na Casa da Cultura de Monforte

A mostra, composta por un conxunto de trinta e catro imaxes e infografías, ilustra dunha maneira didáctica a organización, as actividades que desenvolven os militares españois nos diferentes países onde están despregados e a transformación que se levou a cabo nas Forzas Armadas para enfrontarse ás novas amezas.

“Defensa nacional, la adaptación permanente de las Fuerzas Armadas”, inauguración / concello de Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo Subdelegado de Defensa en Lugo, o Coronel Juan José Fernández Arrojo, e a Subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, inaugurou este luns pola tarde a exposición Defensa Nacional. A adapatación permanente das Forzas Armadas”.

A exposición, que está organizada polo Ministerio de Defensa a través da Subdelegación de Defensa en Lugo, ten por obxectivo achegar a labor das Forzas Armadas á cidadanía. Para elo,  estará aberta ata o vindeiro venres 11 de novembro, en horario de 10 a 14 e de 16 a 21 horas, e contará tamén coas visitas de escolares de diferentes centros educativos da cidade.

Un dos obxectivos fundamentais da Subdelegación de Defensa é aumentar o achegamento das Forzas Armadas á sociedade e proxectar cara a ela a difusión da cultura da Defensa. Para iso, e nun espírito de colaboración con diferentes institucións, difúndese o coñecemento dos diferentes Exércitos de España e ofrécese colaboración nas actividades escolares, organizando exposicións culturais con participación aberta a aquelas, coordinando visitas a museos ou unidades militares, e divulgando directamente a cultura. de defensa mediante conferencias, ou fomento da participación en certames promovidos polo Ministerio de Defensa.

Na mesma liña, o Alcalde salientou “a estreita colaboración que este Concello desenvolve con todos os Corpos e Forzas de Seguridade do Estado, e en concreto neste caso, coa Subdelegación de Defensa de Lugo. Unha colaboración, que ademais de materializarse nesta exposición, terá continuidade no vindeiro ano 2023, pois ambas institucións estamos traballando para que Monforte acolla un concerto de bandas militares e unha xura de bandeira civil, que lles iremos anunciando unha vez avancemos na súa organización”.

Achegar a labor das Forzas Armadas á sociedade

A exposición “Defensa Nacional. A adaptación permanente das Forzas Armadas” ofrece unha visión da transformación que se produciu nas Forzas Armadas españolas para afrontar novas ameazas, ás veces difíciles de identificar, e as tarefas que demandan. Preséntase así a nova estrutura organizativa e operativa das Forzas Armadas, que ten como obxectivo que España teña a mellor Forza Conxunta que tivo nunca.

Esta nova Forza Conxunta con novos mandos e capacidades para operar de forma permanente (24 horas ó día os 7 días á semana) supervisa os espazos de soberanía en terra, mar, aire e ciberespazo e é capaz de proxectarse rapidamente en calquera lugar do mundo.

Este proceso de adaptación que viviron as Forzas Armadas dende os anos 80 ata a actualidade foi moi importante en todos os ámbitos (persoal, organización administrativa, infraestruturas, industria militar, inmobiliaria, ensino militar…), pasando de ser un exército orientado á defensa do territorio e formado por tropas de reemplazo a ser un exército profesional máis reducido e orientada ademais da defensa do territorio ás misións exteriores.

Este proceso de adaptación permanente viuse acelerado polo escenario de crise económica internacional, o crecemento exponencial de novos retos e ameazas e a incorporación a organismos internacionais.

Esta evolución recóllese na exposición a través de 34 fotografías con cartelas explicativas e infografías nas que se recollen aspectos diversos relacionados co Estado Mayor de la Defensa (EMAD), o Exército de Terra, a Armada, o Exército do Aire, a Unidade Militar de Emerxencias (UME), a muller no exército, e as misións internacionais.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here