HomesociedadeTurismo, creatividade e innovación para o desenvolvemento sostible, no Fórum Lugo que...

Turismo, creatividade e innovación para o desenvolvemento sostible, no Fórum Lugo que se celebra do 10 ao 12 de novembro

O VIII Fórum de Cidades e Territorios Creativos de España, tamén coñecido como Fórum Lugo 2022, terá lugar os días 10, 11 e 12 de novembro, entre Lugo, Monforte e a Mariña, abordando como temática principal, “Turismo, Creatividade e Innovación para o Desenvolvemento Sostible”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Fórum de Cidades e Territorios Creativos de España, é unha iniciativa da Asociación España Creativa, que este ano coorganiza coa Deputación de Lugo, tras alzarse coa Copa España Creativa no Fórum Orihuela 2020, celebrado en 2021 pola pandemia.

A inauguración celebrarase este xoves, día 10 no salón de actos da Deputación, encargándose da conferencia inaugural, a Vicepresidenta terceira do Goberno, Teresa Ribeira. Nesa xornada abordarase nun foro a transición ecolóxica e dixital no turismo para o desenvolvemento sostible. Completarase a xornada coa presentaci`ón dos 3 proxectos finalistas na categoría de Creatividade e Innovación Económica-Tecnolóxica e os 3 finalistas na categoría de Creatividade e Innovación Ambiental-Territorial.

A programación do venres en Monforte desenvolverase pola mañá no Parador de Turismo comezando ás 10:00 coa mesa redonda “Reinventando as experiencias turísticas no mundo rural: patrimonio inmaterial e innovación artística” que dirixirá o poeta galego, Miguel Losada. Intervirán: Olga Novo, poeta, Premio Nacional de Poesía 2020; Diego As, artista urbano; Manuel Varcárcel, fotógrafo e director de cinema; David Catá, fotógrafo, escultor e pintor, autor da imaxe corporativa do Fórum Lugo 2022.

Seguidamente presentaranse os 6 Proxectos Finalistas que concursan na Categoría de Creatividade e Innovación Cultural e Artística e despois dunha viaxe en catamarán para todos os participantes seguirá a actividade no Centro do Viño da Ribeira Sacra co foro, “Experiencias Turismo España: internacionalización da cultura española e patrimonio mundial” que coordinará a directora do Fórum Lugo 2022, Belén Elisa Díaz. Neste encontro presentaranse “Experiencias Turísticas de Lugo” coa participación de Uxío Novo, Residencias Artísticas O Courel, Fundación Uxío Novoneyra; Elías González, Artesanía Gundivós e o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra. Posteriormente celebrarase un encontro de redes, entre Red de Ciudades y Territorios Creativos de España, que presentará a súa nova marca de “Turismo do Talento”, e a Red Nacional de Territorios Creativos de Chile, coa participación da Secretaria Executiva en Economía Creativa do Goberno de Chile, Carolina Pereira.

Xa o sábado, 12 de novembro, a programación trasládase á Mariña pola mañá e pola tarde remátase en Lugo. Ás 20:30h o Museo Interactivo da Historia de Lugo acolle a Gala da Copa España Creativa e entrega de premios e medallas de honra España Creativa ao coreógrafo, Nacho Duato; a poeta Olga Novo e a deportista Teresa Perales; coa participación da cantante, Luz Casal. A gala culminará coa entrega de diplomas aos 18 Finalistas de cidades e territorios de España, de 5 áccésits e da Copa España Creativa Lugo 2022, que acollerá a próxima edición do Fórum.

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...