HomesociedadeA Deputación entrega desfibriladores ás comisarías da Policía Nacional en Lugo, Monforte...

A Deputación entrega desfibriladores ás comisarías da Policía Nacional en Lugo, Monforte e Viveiro

José Tomé recibiu no Pazo de San Marcos á Subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, ao xefe provincial da Comisaría da Policía de Lugo, José María Esteban Corral, o inspector xefe da Comisaría Local de Viveiro en funcións, Roberto Saa Ramos, e á inspectora xefa da comisaría de Monforte de Lemos, Mónica Gutiérrez.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Presidente enmarcou esta colaboración na vontade da institución provincial de cooperar con outras administracións e cos corpos e forzas de seguridade do Estado para sacar adiante iniciativas en beneficio da cidadanía.

Pola súa parte, a Subdelegada do Goberno en Lugo agradeceu á Deputación e ao seu Presidente a colaboración coas Forzas e Corpos de Seguridade de Estado para que as tres Comisarías da Policía Nacional na provincia conten con este novo equipamento, que protexerá ao persoal de servizo e a calquera cidadán ante unha emerxencia cardíaca, “pois é un beneficio para o conxunto da provincia”.

Os expertos en cardioloxía aseguran que, en situación de parada cardiorespiratoria, cada minuto que pasa sen atención diminúe nun 10% a probabilidade de supervivencia. Ao cabo de dez minutos, as posibilidades son mínimas, polo que a reanimación debe comezar de forma inmediata ou o máis rápido posible. Por iso, dixo Tomé, “é tan importante contar con equipos desfibriladores nas instalacións e espazos públicos para reducir ao mínimo posible o tempo de reposta ante unha parada respiratoria. Estamos falando da diferencia entre a vida ou graves secuelas, ou mesmo a morte”.

ÚLTIMAS

Campaña promocional da IXP Pataca de Galicia con premios que consisten en experiencias na Ribeira Sacra

A IXP Pataca de Galicia vén de poñer en marcha a súa campaña de...

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...