HomesociedadeReábrese ao tráfico a ponte de Piñeira de Monforte

Reábrese ao tráfico a ponte de Piñeira de Monforte

O custe aproximado das actuacións de reparación do piar da ponte alcanzaron os 242.000 euros, “un investimento importante porque temos un arranxo que vai durar moito tempo, e ademais, aproveitamos para levar a cabo unha revisión integral de toda a ponte”, subliñou o Alcalde.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este mércores abriuse ao tráfico a ponte de Piñeira unha vez rematados os traballos de construción do novo pilar de dita ponte, o piar nº 2, cumprindo cos prazos previstos de reparación e construción do novo piar, xa que hai unhas semanas o rexedor monfortino anunciara o remate dos traballos para finais de outubro ou principios de novembro, dependendo da evolución da climatoloxía.

As actuacións na ponte de Piñeira foran contratadas por emerxencia polo Concello monfortino á empresa Extraco, e consistiron na reposición do pilar nº2 da ponte, logo de que esta estrutura fora pechada ó tráfico e ós peóns a finais do pasado mes de xuño, tras detectarse unha deficiencia en dito pilar.

ÚLTIMAS

O equipo de debate de BAC do IES Río Cabe na fase final do Parlamento Xove

O equipo de debate de BAC do IES Río Cabe, integrado por Sabela Castro...

8M en Monforte con presenza do alcalde e sen a oposición

A concentración tivo lugar ás 13.00 horas na Praza da Compañía, diante das Casitas,...

O BNG de Pantón homenaxea no 8M a Cándida Fernández

Durante os próximos meses dende o BNG de Pantón aseguran que seguirán promovendo actos...

O IV Premio da Muller Caldelá foi para Pepita Carballo

Castro Caldelas celebrou o pasado venres 6 de marzo o Día da Muller reivindicando...