HomesociedadeCita con Chantada contra o cancro este día 14 ás 20.00h

Cita con Chantada contra o cancro este día 14 ás 20.00h

Chantada contra o cancro organiza este luns, 14 de novembro, unha conferencia-coloquio no Auditorio Municipal de Chantada co tema, "Sabes en que pode axudarche unha traballadora social se ti, ou algún familiar, tes ou ten cancro?"

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

“Chantada Contra o Cancro”, a asociación de Chantada que axuda a pacientes e familiares que sofren esta enfermidade, promove hábitos de alimentación e vida saudable e realiza actividades divulgativas.

Este luns, 14 de novembro ás 20:00 h. no Auditorio Municipal de Chantada organiza unha conferencia coloquio aberta a todas as persoas interesadas co tema, “Sabes en que pode axudarche unha traballadora social se ti, ou algún familiar, tes ou ten cancro?”

Ter cancro ou que calquera membro da familia padeza esta enfermidade implica un cambio de vida en moitos aspectos. A traballadora social do centro de saúde de Chantada, Beatriz Chaos, abordará que dependendo do nivel en que se atope a enfermidade e dos recursos económicos e psicolóxicos que se posúan, vaise precisar a axuda de diferentes profesionais. “As traballadoras e traballadores sociais son as que poden orientarnos á hora de solicitar unha simple cadeira de rodas ou axudas no domicilio, axudas de dependencia, información sobre HADO, xantar na casa, etc…”, aclaran desde a Chantada contra o cancro.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...