HomesociedadeFranco xa non é 'alcalde honorario perpetuo' da Pobra do Brollón

Franco xa non é ‘alcalde honorario perpetuo’ da Pobra do Brollón

O alcalde, Xosé Lois Maceda, destaca que se tomou a decisión por "calidade democrática".

Publicado o

- Advertisement -

Un pleno extraordinario celebrado na tarde deste venres retirou o título de ‘alcalde honorario perpetuo’ da Pobra do Brollón a Francisco Franco, nun acto ao que non asistiron os edís dos grupos da oposición, PSOE e PP.

O goberno local decidiu dar este paso tras a localización “por casualidade” da acta de concesión a Franco do título de ‘alcalde honorario perpetuo’ no ano 1967. “Estas accións son un exercicio obrigatorio de saúde democrática que ademais van na liña da Lei da Memoria Histórica”, declarou estes pasados días o alcalde, Xosé Lois Maceda (BNG).

Durante o pleno, o rexedor considerou esta decisión unha mostra do “compromiso” do municipio “coa democracia, as liberdades e os dereitos”. “Parécenos intolerable que, despois de 40 anos de democracia, aínda teñamos este tipo de títulos para un xenocida, un ditador e un asasino“, sinalou.

Por iso, os edís do BNG en solitario votaron por unanimidade retiraron este título ao ditador “por calidade democrática” e, “ata certo punto, por exercer un labor pedagóxico” contra “o avance da extrema dereita” en Europa e España, dixo o alcalde.

A continuación, lamentou que este pleno extraordinario non contase con debate, dado que “os concelleiros da oposición non tiveron a decencia de estar presentes”, dixo o alcalde, que os acusou de “banalizar” a cuestión.

HOMENAXE A ANTONIO REBOIRO

Por outra banda, a sesión tamén serviu para render tributo a Antonio Reboiro Rodríguez, membro do Partido Agrario Radical Galego e que, tras anos como edil, foi alcalde en funcións da Pobra desde febreiro de 1936. No pleno tomou a palabra o seu neto, Rafael Castelo, para reivindicar a figura do seu avó e de todos os represaliados.

Así, tal e como acordou o pleno, Reboiro, detido meses despois da sublevación e executado en 1938 tras ser condenado á morte nun consello de guerra, dará nome á biblioteca municipal, da que foi o seu primeiro impulsor.

ÚLTIMAS

O músico Sergio Alba presenta “Dous rombos… pasa para a cama!”

O vindeiro 17 de abril, o intérprete con alma de cómico Sergio Alba, presenta...

Prohibidas as queimas forestais e agrícolas de particulares

Quedan fóra da prohibición as queimas prescritas que executa o Servizo de Prevención e...

Ata o 25 de abril pódense solicitar as axudas para a colleita en verde

Estas axudas están dotadas cun orzamento de 600.000€ do Fondo Europeo Agrícola de Garantía...

O Multiusos de Monforte acolle este 10 de abril a representación de “Mulleres que viven soas”

Representarase a obra, Mulleres que viven soas, da compañía Berrobambán, obra escrita por Paula...