HomesociedadeBenedicta Sánchez, gañadora dun Goya, no colexio Torre de Lemos de Monforte

Benedicta Sánchez, gañadora dun Goya, no colexio Torre de Lemos de Monforte

Foi o pasado luns, 21 de novembro, acompañado do intérprete da Pobra do Brollón Javier González. O obxectivo da visita foi ter un encontro co alumnado do centro para falarlles da súa vida.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O colexio Torre de Lemos de Monforte tivo unha visita moi especial o pasado luns. O alumnado da ESO gozou dun encontro coa actriz galega Benedita Sánchez, gañadora no 2020 do premio Goya á actriz revelación polo seu papel na película de Óliver Laxe “O que Arde”, un filme que gañou no Festival de Cannes o Premio do Xurado da sección Un certain regard.

Dende o Torre de Lemos lembran que “Benedita foi a actriz de maior idade en conseguir o galardón cinematográfico nesta categoría,​ sendo a segunda de maior idade nas categorías de intérpretes femininas só superada por Julieta Serrano, que logrou o seu primeiro premio Goya á idade de 87 anos na mesma edición”.


A actriz de San Fiz de Paradela estivo acompañada polo intérprete da Pobra do Brollón, Javier González, que foi o promotor desta iniciativa no centro. No transcurso do encontro departiu cos alumnos, que se interesaron polo seu papel na película, polo que supuxo lograr este recoñecemento e por se está disposta a volver participar nunha película, algo que non desbotou.

Con 87 anos ás súas costas, Benedita repasou a súa vida, facendo fincapé nos seus anos de emigración en Brasil, así como do seu carácter polifacético. Tamén falou do que supuxo para ela alcanzar a sona co Goya, algo do que dixo querer fuxir.

O alumnado do Torre de Lemos moi atento ao relato vivencial de Benedita Sánchez. Foto: Colexio Torre de Lemos


Benedita acudiu ao centro coa estatuíña dos Goya, coa que se fotografaron alumnado e profesorado, e tamén concedeu unha entrevista á radio do colexio. Emocionouse por ver a implicación dos escolares na charla e prometeu regresar, porque segundo comentou “sentinme moi cómoda”.

ÚLTIMAS

Todo listo para o VII Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte

A conta atrás para a sétima edición do 'Festival do Viño da Ribeira Sacra...

As comarcas de Lemos e Quiroga fan que diminúa o paro na zona sur da provincia en xuño

Por comarcas, as de Lemos e Quiroga foron as que tiveron un mellor comportamento,...

O PP pide no Congreso acceso aos expedientes dos contratos na liña ferroviaria Monforte-Lugo que aparecen nos informes da UCO

O deputado monfortino no Congreso dos Deputados, Francisco Conde, e a deputada autonómica...

O BNG demanda a Transportes melloras na N-120A ao seu paso por Pantón

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, sinala a urxencia dos traballos de...