HomesociedadeMellora na rede de abastecemento da rúa Santa Clara de Monforte con...

Mellora na rede de abastecemento da rúa Santa Clara de Monforte con cortes no subministro o día 29 de novembro

O Concello de Monforte informa de que o vindeiro martes, 29 de novembro, levará a cabo obras de mellora na rede de abastecemento de auga na rúa Santa Clara, na acometida de abastecemento ubicada á altura do nº 18.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Estas obras de mellora suporán que se leven a cabo cortes dende as 9:00 horas no subministro de auga que afectarán á propia rúa Santa Clara, ó Camiño da Barxa, á rúa da Veiga e un tramo da Ronda Mª Emilia Casas Baamonde, en concreto, entre o Camiño de Santa Clara-A Veiga e o Camiño das Codesás.

Tamén estas actuacións levarán a que, a partir das 9:00 horas, tamén se proceda ó corte de tráfico de vehículos en dita rúa Santa Clara.

Os cortes, tanto no tráfico de vehículos coma no abastecemento, manteranse ó longo da mañá, mentres dure o desenvolvemento das obras.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...