HomesociedadeChantada comeza decembro con xornadas de bioseguridade nas explotacións porcinas

Chantada comeza decembro con xornadas de bioseguridade nas explotacións porcinas

A AGACAL organiza dúas xornadas en Chantada sobre bioseguridade nas explotacións porcinas. Os obradoiros desenvolveranse na aula CeMIT de Chantada o vindeiro xoves 1 e o venres 2 de decembro en horario de 16,00 a 21,00 horas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O obxectivo destas formacións é que os alumnos obteñan os coñecementos necesarios no ámbito da prevención, bioseguridade e a redución de tratamentos con antimicrobianos. Ademais, búscase mellorar a competitividade das explotacións porcinas e preparar aos gandeiros para que afronten con éxito a loita contra as novas emerxencias sanitarias.

Os cursos están dirixidos á xuventude do medio rural galego, así como ás persoas vinculadas profesionalmente, ou con expectativa de incorporación, aos sectores produtivos gandeiros, agrarios, agroalimentarios e de cadea forestal-madeira.

Nesta páxina pode atoparse os referidos cursos e facer a pre-inscrición en liña cubrindo os datos necesarios. O coordinador porase en contacto coas persoas interesadas a través do correo electrónico comunicándolles se están ou non admitidas. Para consultar calquera dúbida, pode chamarse ao teléfono 982 294 988, ou enviarse un correo a oscar.cacharron.mojon@xunta.gal.

ÚLTIMAS

Doc Magoo’s: 25 anos de Rock and Roll

A banda de rocanrol Doc Magoo's percorreu un longo camiño desde os seus inicios...

Este 7 de xullo péchase a zona de xogos do Parque da Compañía

A primeira hora da mañá deste luns, 7 de xullo, procederase á realización de...

A campaña ‘Merca no teu comercio’ chega á Comarca de Quiroga

'Merca no teu comercio' chega aos concellos de Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso...

Extinguido o incendio de Monforte que afectou a Seoane e San Xiao de Tor

A Consellería do Medio Rural deu por extinguido un incendio no municipio de Monforte...