HomesociedadeAberto o prazo para solicitar as máis de 1.000 prazas do programa...

Aberto o prazo para solicitar as máis de 1.000 prazas do programa Lugo Termal

Este ano, o incremento do coste por praza derivado da inflación asúmeo integramente a institución provincial, que aporta practicamente o dobre que nas pasadas edicións. O que suporá o mesmo desembolso para as persoas solicitantes: 189,5€ na modalidade con estancia e 200€ na modalidade sen estancia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Deputación de Lugo abriu este luns o prazo para solicitar algunha das 1.025 prazas do programa Lugo Termal. “Nesta edición número 12 de Lugo Termal, dende a Deputación queremos seguir favorecendo o benestar social e promovendo o turismo de proximidade no territorio”, explicou García Porto, que detallou que haberá 650 prazas na modalidade con estancia e 375 na de sen estancia nos 3 establecementos da provincia: As Termas de Lugo, Río Pambre en Palas de Rei e Hotel Balneario Augas Santas de Pantón.

As persoas interesadas deberán cumprir cos requisitos de ter máis de 50 anos, estar empadroado ou empadroada nalgún dos 67 concellos da provincia, valerse por si mesma, non padecer alteracións do comportamento que afecten á convivencia e carecer de contraindicacións médicas. Poderán presentar a documentación a través do Rexistro Xeral – a cita previa pode solicitarse a través do teléfono 982 260 030- ou tamén, na páxina web da sede electrónica da Deputación de Lugo, sede.deputacionlugo.org.

A modalidade con estancia contempla seis días e cinco noites en pensión completa e con carácter xeral haberá 15 técnicas termais, agás que por razóns médicas xustificadas se desaconsellen, e haberá un recoñecemento médico previo á aplicación das técnicas termais. Haberá 75 prazas en Lugo, 500 en Pantón e 75 en Palas de Rei. Esta alternativa ten un custe máximo de 300€ por persoa e estancia, dos que a Deputación de Lugo farase cargo de 110,50€ de máximo e a persoa usuaria do restante.

A modalidade sen estancia, con 375 prazas, contempla dez días (de luns a venres). Inclúe un mínimo de 30 técnicas termais, agás que por razóns médicas xustificadas se desaconsellen. Neste caso, os participantes benefícianse dun prezo vantaxoso de 200€, gracias aos descontos que ofrece a Deputación. Haberá 100 prazas en Lugo, 150 en Pantón e 70 en Palas de Rei.

ÚLTIMAS

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...

Alumnado dos Escolapios de Monforte visita a Casa Consistorial

Os escolares tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións municipais e o Salón de...