Homesociedade“La Penúltima”, novo single de Lucía Pérez para darlle a benvida ao...

“La Penúltima”, novo single de Lucía Pérez para darlle a benvida ao 2023

A cantante Lucía Pérez regresa de novo a Miami da man dos coñecidos produtores, Rafa Vergara e Vicky Echeverri, para gravar novas cancións que formarán parte do seu novo traballo discográfico que podería estar rematado a finais do 2023.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Despois dun verán de concertos por toda a rexión coa xira “Na miña pel”, Lucía entende que chega o momento de “reencontrarse con novos ritmos e melodías”. Un punto de inflexión na súa carreira para poñerse na man de coñecidos produtores americanos e traballar en algo novo.

Trátase dunha carreira de fondo na que a artista galega leva máis de 16 anos e na que co paso do tempo foi combinando os distintos folclores con ritmos urbanos de todo o mundo. En xaneiro do 2023, sairá á luz “LA PENÚLTIMA”, o seu próximo single, unha canción vitalista que busca crear un momento de goce, de tolemia e de vivir o momento. Nos vindeiros meses, pois, Lucía embarcarase de novo por terras americanas para a gravación de temas que formarán parte do seu novo traballo discográfico.

LUCÍA PÉREZ

Esta artista, natural do Incio, participa de maneira habitual en programas de diferentes temáticas e é unha das caras visibles da Televisión de Galicia. No 2011 representou a España no Festival de Eurovisión coa canción “Que me quiten o bailao”, dando paso a consagrar a súa gran carreira profesional.

Cun recoñecemento musical consolidado en Galicia pouco a pouco ve como esa sona está a chegar ao resto do panorama nacional e internacional.

ÚLTIMAS

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...

Cousas Xacobeas: O Camiño na parroquia de Meixente: Mouzós e O Sisto (I)

Esta parroquia aparece denominada na Idade Media como “Castelo”, nome que perdura no topónimo referenciado perto do...