HomesociedadeA Torre da Homenaxe en vermello polo Día Mundial da Sida

A Torre da Homenaxe en vermello polo Día Mundial da Sida

O concello de Monforte iluminará este xoves, 1 de decembro, a Torre da Homenaxe de cor vermello con motivo do Día Mundial da SIDA. Un día no que xente de todo o mundo únese para apoiar ás persoas que viven co VIH e lembrar ás que faleceron por enfermidades relacionadas coa sida.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Cada Día Mundial da Sida vira ao redor dun tema diferente. Este ano o lema éIgualdade Xa e que  incorpora toda unha lista de desafíos sobre os que o Día Mundial da Sida alertou en todo o mundo.

Establecido en 1988, o Día Mundial da Sida foi o primeiro día dedicado á saúde en todo o mundo. Desde entón as axencias das Nacións Unidas, os Gobernos e a sociedade civil reúnense cada ano para loitar en determinadas áreas relacionadas co VIH.

O Día Mundial da Sida segue sendo tan importante hoxe como cando empezou, e continúa lembrando á sociedade e aos Gobernos que o VIH non desapareceu. A día de hoxe é fundamental aumentar o financiamento para a resposta á sida. Tamén é esencial que a sociedade no seu conxunto tome conciencia de como o VIH afecta a vida das persoas, para que deste xeito podamos poñer fin ao estigma e a discriminación, e consigamos mellorar a calidade de vida das persoas que viven co VIH.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...