HomesociedadeA Deputación desprega ao 100% os medios do dispositivo invernal para esta...

A Deputación desprega ao 100% os medios do dispositivo invernal para esta fin de semana

A Deputación de Lugo manterá despregado ao 100% os medios do dispositivo invernal para esta fin de semana ante a previsión de xeadas na zona centro e sur da provincia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A institución provincial porá todos os seus recursos, tanto humanos como técnicos, á disposición da veciñanza da provincia, para manter a rede viaria provincial e municipal o máis segura posible durante estes días e atender as incidencias provocadas polas complicacións meteorolóxicas.

A Deputación despregará, polo tanto, un total de 112 operarios e 64 máquinas, e disporá de máis de 420 toneladas de sal nos 12 silos cos que conta, situados estratexicamente noutros tantos concellos da provincia, para conseguir desfacer as placas de xeo que haxa no firme e favorecer así a seguridade dos usuarios e usuarias das vías.

A Deputación recomenda á veciñanza consultar as previsións meteorolóxicas antes de realizar saídas e extremar todas as precaucións.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...