Despois de ‘somos do outono’, a Ribeira Sacra celebra a Ponte da Constitución ao 70%

A mediados de novembro remataba “Somos de Outono 2022”: Recollida de cogomelos, experiencias sensoriais, mindfulness, supervivencia no bosque e a estrea dun hall escape compuxeron o programa desta edición.

Curso de explorador / Consorcio de Turismo

Os hostaleiros de Ribeira Sacra prevén ocupar o 70% das prazas para esta Ponte da Constitución. Os datos apuntan a que os hoteis, de 3 e 4 estrelas, e as vivendas turísticas serán o tipo de establecemento preferido para gozar desta longa ponte no xeodestino. O turismo rural xa ten o 60% das prazas reservadas tamén e seguramente reciban máis 

O período consultado abrangue dende o venres 2 ao domingo 11 de decembro. Malia que a mostra recollida é polo de agora pequena, trátase dun dato moi positivo, xa que nos atopamos en termos de ocupación semellantes a anos anteriores, nos que a ponte duraba apenas 3 ou 4 días.

Por outra banda, Ribeira Sacra remata un mes de novembro cunha ocupación do 68% nas fins de semana; ocupación que no cómputo mensual foi dun 46%:

  • Hoteis 4 e 3*: 71%
  • Turismo Rural: 48%
  • Vivendas Turísticas e de Uso Turístico: 27%
  • Outros aloxamentos: 39%

A ocupación máis alta neste mes de novembro foi rexistrada polas casas de turismo rural, conseguindo un 83% de media durante as fins de semana. Outras categorías como os hoteis de 2 estrelas ou apartamentos tamén se sitúan en niveis semellantes, entre un 80 e un 100% de ocupación.

Son de resaltar os datos acadados polos hoteis de 4 e 3 estrelas en días laborais, cun 71,4% de media, a porcentaxe máis elevada do conxunto de aloxamentos entre semana. As previsións para o mes de decembro sitúanse nun 45% en termos globais, 4 puntos máis que no pasado ano 2021.

Comer a Ribeira Sacra / Consorcio de Turismo

PROGRAMA DE ACTIVIDADES “SOMOS DE OUTONO 2022”

Un total de 7 experiencias e 100 prazas repartidas entre as fins de semana do 29 de outubro ao 13 de novembro, compuxeron a programación de “Somos de outono”

O número de prazas por grupo foi reducido (máximo 10), apostando pola calidade e a personalización da experiencia. Achegáronse de todos os puntos da xeografía galega e doutras comunidades, como a madrileña. “Somos de outono” enmárcase no Plan de Sustentaibilidade Turística na Ribeira Sacra. 

Baños de bosque / Consorcio de Turismo

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here