HomesociedadeOs cativos do sur lucense teñen a oportunidade de mostrar o seu...

Os cativos do sur lucense teñen a oportunidade de mostrar o seu lado máis creativo

Publicado o

- Advertisement -

Os cativos de idades comprendidas entre os 6 e os 11 anos teñen o seu propio concurso, “Conservación de la Naturaleza” promovido polo MBG ca colaboración do Liceo Casino de Pontevedra, EFA, Ence-Energía&Celulosa, SCG e o CSIC.

A temática do concurso estará directamente relacionada ca conservación da natureza e nel poderán concursar todos os centro educativos de toda España. O debuxo presentado deberá facerse nunha cartuliña de cor branco en formato A4 horizontal acompañado dunha frase explicativa. Na parte posterior do debuxo será necesario que se reflexe o nome, apelidos, idade, centro escolar e datos familiares do participantes. Posteriormente, as creacións deberanse enviar, nun sobre pechado á seguinte dirección;

Liceo Casino de Pontevedra. Concurso Escolar de Dibujo Turismo Sostenible para el Desarrollo.

C/ Manuel Quiroga, 21

36002 Pontevedra

O gañador do primeiro premio recibirá 125 euros en material de debuxo ou de libraría. O segundo clasificado recibirá 75 euros e finalmente o premio especial, recibirá o mesmo premio co cativo que reciba o primeiro.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...