HomesociedadePleno en Monforte do alumnado do CPR Ferroviario

Pleno en Monforte do alumnado do CPR Ferroviario

O obxectivo da visita foi o de representar a celebración dunha sesión plenaria, co gallo do Día da Constitución Española. Neste senso, os alumnos e alumnas do CPR Ferroviario prepararon previamente dita sesión, simulando a existencia de 4 partidos imaxinarios, dotados dos correspondentes voceiros e voceiras.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada, recibiu o día 6 de decembro na Casa do Concello a alumnos e alumnas Colexio CPR Ferroviario, que acudiron á Casa Consistorial para simular unha sesión plenaria, no Salón de Plenos do Concello.

Acompañados por varios profesores e profesoras, así como a directora do centro educativo, Enyd Fernández, os máis de 60 alumnos e alumnas deste colexio monfortino foron recibidos polo Alcalde no Salón de Plenos.

Unha alumna do centro foi a encargada de exercer funcións de Alcaldesa, e tamén houbo outra alumna que fixo o papel de Secretaria. Tiveron lugar propostas relacionadas con Monforte, intervencións dos grupos da oposición, quendas de debate reguladas polo cronómetro oficial, e votacións ás propostas presentadas. Tamén houbo tempo para rogos e preguntas.

Tras a celebración desta sesión plenaria especial, os alumnos e alumnas aproveitaron para falar co Alcalde e facerlle todo tipo de preguntas relacionadas co funcionamento do Concello, coas últimas obras desenvoltas polo Equipo de Goberno, como a pista de Skate ou a Zona C.

Os estudantes tamén aproveitaron a ocasión para preguntarlle ó Alcalde sobre como desenvolve o seu día a día á fronte do Concello ou sobre os proxectos nos que está traballando o Equipo de Goberno. O Alcalde, tamén lles explicou a condición de cidade condal que posúe Monforte, e outros fitos históricos como a chegada do tren a Galicia pola urbe monfortina.

ÚLTIMAS

Daveiga, dende o 2005 apostando polo desenvolvemento da contorna máis próxima

Lugar da Veiga S.L.L. nace no 2005 aínda que o proxecto levaba varios anos madurando...

O 12 de abril comeza un programa piloto para visitar as igrexas da Ribeira Sacra

A Ribeira Sacra coa maior concentración de arte románico rural de Europa é un...

A D.O. Ribeira Sacra no Salón Gourmets de Madrid do 7 ao 10 de abril

O Salón Gourmets, na súa 38ª edición, consolídase como o evento europeo de referencia...

“Coreografías do facer: imaxes do traballo feminino en Gustav Henningsen”, a exposición na igrexa nova de Chantada

A igrexa nova de Chantada acolle ata o 20 de abril a exposición "Coreografías...