Homesociedade16 agrupacións este día 10 nos Cantos de Taberna da Pobra do...

16 agrupacións este día 10 nos Cantos de Taberna da Pobra do Brollón

A partir das 5 da tarde, os grupos empezarán a circular de dous en dous polos oito bares do municipio, repartidos entre A Pobra do Brollón, Salcedo, Cereixa e A Estación. Á noite, ás 22:30, grupos e público xúntanse na Casa da Cultura ‘Olga Novo’ para a clausura. Entregaranse os agasallos aos grupos participantes, que farán unha pequena actuación.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Tras dous anos de pausa a causa da pandemia, volven os Cantos de Taberna da Pobra do Brollón. A décima edición celébrase este sábado, 10 de decembro, coa participación de 16 agrupacións.

“É unha gran alegría por fin volver recuperar esta festa, unha das máis importantes e agardados do calendario guímaro,” comenta o alcalde, Xosé Lois Maceda.

As agrupacións desta décima edición son: Foliada de Bosende, Os Galochas, A Desfeita,  Fillos da Cantaruxa, Corenta e Chinco, Dakidoasma, Son do Mao, Os Bochetas, Skachakunchas, Airiños de Petimor, Os Parrandas, O Recanto, Marcón pra Arriba, Searas, Os Tabernos e Estoupafoles.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...

“As desterradas”, obra dirixida por Quico Cadaval, hoxe en Monforte

A función, organizada polo Concello de Monforte a través do circuíto da Rede Galega...

Como reacciona a oposición de Monforte á dimisión da concelleira de Igualdade, Margarita López?

A voceira popular en Monforte, Katy Varela, lembra que reclamaron desde o comezo a...

Recepción en Monforte ao novo Tenente Xefe do Destacamento de Tráfico

O rexedor, que estivo acompañado pola tenente alcalde, Gloria Prada, deulle á benvida á...