HomesociedadeA D.O. Ribeira Sacra entrega os premios de Aosta, cita coa que...

A D.O. Ribeira Sacra entrega os premios de Aosta, cita coa que se presentaba internacionalmente fai 3 décadas

José Manuel Rodríguez, que exerce como Presidente da D.O. Ribeira Sacra desde a súa constitución, deixaba a porta aberta a unha nova etapa ante as eleccións que se celebrarán o próximo ano, “Vivimos un presente estable e espéranos un futuro prometedor, a D.O. comeza un proceso electoral que viviremos como a elaboración do viño, agora críase nas cubas e pronto se gozará dunha gran colleita.”

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A D.O. Ribeira Sacra celebraba este venres o seu tradicional xantar de Nadal, unha cita de confraternidade na que se reúnen adegueiros, persoal laboral e representantes da Administración. Este encontro aprovéitase para facer entrega dos premios do Concurso Internacional “Mondial des Vins Extremes” que se celebrou en setembro no Val d´Aosta (Italia). Os dous últimos anos da pandemia esta comida e entrega de premios non se puido celebrar, así en marzo deste ano fíxose entrega dos premios da edición 2021 nun acto no Centro do Viño da Ribeira Sacra. A cita deste ano tivo lugar no Parador de Turismo de Monforte de Lemos.

A esta 30ª edición do Mondial das Vins Extrêmes, o único concurso enolóxico internacional dedicado expresamente aos viños producidos na viticultura heroica, presentáronse 831 os viños de 301 adegas de 24 países de todo o mundo.

A D.O. Ribeira Sacra presentaba 61 mostras de 32 adegas e obtivo 14 medallas, 8 de ouro e 6 de prata. O presidente do C.R.D.O.R.S., José Manuel Rodríguez, mostraba antes da entrega de premios aos seus destinarios por parte das autoridades presentes, a súa satisfacción por poder recuperar esta celebración, “O viño volve unir a toda a xente que fixo posible que a Ribeira Sacra sexa unha realidade, porque a Ribeira Sacra é traballo de todos desde distintas perspectivas; cada persoa achegou a súa visión e traballo no que quería para conseguir chegar onde agora estamos. O que comezou sendo unha ilusión converteuse nunha maneira de vivir. Nos últimos anos, a pesar das circunstancias sociais abrimos novos mercados e ampliamos exportacións. Un día como hoxe quero lembrar a todas as persoas que xa non están connosco.”

Xantar Nadal D.O Ribeira Sacra, José Manuel Rodríguez / XdL

Posteriormente procederíase á entrega de premios de Concurso de Viños Extremos, cita que sempre recompensou aos viños da D.O. Ribeira Sacra e que supuxo a primeira posta en escena a nivel internacional para a Denominación emblema da viticultura heroica.

Medallas de Ouro 

  • Ibio 2019 de Don Bernardino (Sober)
  • Don Cosme 2020 de EDV SLU (Quiroga)
  • Finca Cuarta Ladeira 2021 de Rubén Moure Fernández (Sober)
  • Finca Cuarta A Costa 2019 de Rubén Moure Fernández (Sober)
  • Ciudáseis 2021 de María Gloria Alvarín Losada (Monforte de Lemos)
  • CastroFiz Tradición 2020 de José Luis Fernández Pedreira (Chantada)
  • Instinto Romano 2021 de Miguel Pavón Reinoso (Taboada)
  • Bancales Olvidados 2019 de Adega Ponte da Boga S.L. (Castro Caldelas)

Medallas de Prata

  • Rectoral de Amandi 2021 de Bodegas Rectoral de Amandi SAU (Sober)
  • Condado de Sequeiras 2021 de Grupo Peago (Chantada)
  • Rosa do Frade 2021 de Adega Vella Xeracións (A Teixeira)
  • Prómine Singular 2021 de Adegas Petrón (Sober)
  • Finca Cuarta Mencía 2021 de Rubén Moure Fernández (Sober)
  • Inseparables 2021 de EDV SLU (Quiroga)

Beatriz Soto González nova embaixadora de Cervim Viticultura Heroica

O Mondial des Vins Extrêmes é o concurso enolóxico máis importante, reservado aos viños producidos en rexións de montaña ou procedentes de cultivos extremos: altitude superior a 500 metros, pendente do terreo superior ao 30% (en zonas da D.O. Ribeira Sacra chégase ao 80%) ou sistemas vitícolas de cultivo en terrazas).  

Este ano despois da entrega de premios que se levou a cabo en Italia, nomeouse a Beatriz Soto González, directora técnica do Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra, como nova embaixadora de Cervim Viticultura Heroica, hoxe tamén recibiría o seu recoñecemento.   “Beatriz Soto leva sendo durante anos catadora do Concurso e vive e traballa nunha das zonas máis heroicas do mundo, coñece moi ben as dificultades e características desta viticultura tan particular”, aseguran desde o CERVIM.  

   

Beatriz Soto e José Manuel Rodríguez / XdL

ÚLTIMAS

Charla sobre a antiga bailía templaria de Canaval

A conferencia, a cargo de Almudena Bouzón Custodio, doutora en Historia Medieval pola USC, abordará...

IGV denuncia que “o campo galego véndese aos lobbies en Bruxelas”

IGV lamenta nun comunicado que moitos partidos estatais practican un duplo rexistro "para enganar...

O PP de Monforte volve reclamar máis seguridade no paso a nivel da Florida

Este paso a nivel volveuse poñer en funcionamento despois das obras na liña ferroviaria...

O condutor dun camión resultou ferido nunha saída de vía na N-120, á altura de Cereixa

O 112 Galicia tivo constancia do suceso ao redor das 11:35 horas deste martes,...