HomesociedadeO IES A Pinguela entrega o seu premio do concurso de ideas...

O IES A Pinguela entrega o seu premio do concurso de ideas creativas

Premio do concurso de Ideas creativas e de negocio ó alumno do Ciclo Superior de Administración e Finanzas, Jesús Noya Beltrán polo seu proxecto Esquel.app

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os profesores responsables da Aula de Emprendemento do IES A Pinguela entregaron o premio do concurso de Ideas creativas e de negocio ó alumno do Ciclo Superior de Administración e Finanzas, Jesús Noya Beltrán polo seu proxecto Esquel.app, que tamén lle foi presentado ó alumnado da familia
profesional administrativa.

Co mesmo proxecto, Jesús recibiu o terceiro premio de Galicia do concurso Eduemprende Idea 2022 que convocan o IGAPE (Instituto Galego de Promoción Económica) e a Consellería de Educación.

“Aproveitamos para felicitar a Jesús polas súa iniciativa, creatividade e capacidade de traballo, que lle permiten afondar no seu currículum académico e abrir tamén máis o seu futuro profesional,” sinalan desde o centro.

ÚLTIMAS

O IES Río Cabe na final do Concurso de Coñecementos Financeiros

O certame está organizado polo Banco de España, a CNMV (Comisión Nacional do Mercado...

Alumnado do CEIP Eduardo Cela Vila pregoou a XIV Feira de Artesanía e Produtos da Zona de Triacastela

A través dunha lectura coral, o alumnado do centro pronunciou o seu discurso baixo...

Esperta Monforte esixirá no pleno deste 28 de setembro que se remate o enlace entre o Porto Seco e a N-120

Na moción que presenta Esperta Monforte sinalan que a Cidade do Cabe ten un...

Extinguido este domingo o incendio que comezou o 15 de setembro en Quiroga

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal iniciado o martes,...