HomesociedadeO CCU de Monforte estrea do 22 ao 24 de decembro o...

O CCU de Monforte estrea do 22 ao 24 de decembro o NadalPark

A ilusión polo Nadal dos máis peques das familias será a principal protagonista os días 22, 23 e 24 de decembro no Pavillón do Colexio Ferroviario de Monforte. O CCU ofrecerá durante esta primeira edición do Nadalpark unha chea de propostas de diversión e aprendizaxe.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Por primeira vez en Monforte de Lemos, os peques e non tan peques poderán gozar do NADALPARK do CCU, un divertido Parque Infantil de Nadal organizado polo Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte. Estará aberto do 22 ao 24 de decembro no Pavillón do Colexio Ferroviario con inchables variados, xogos populares, talleres de robótica, touro mecánico, conta contos, chocolatada e moitas outras sorpresas que só as familias asistentes poderán descubrir. 

Horarios e programación

XOVES 22 DE DECEMBRO

Horario de tarde de 16.00h a 20.00h. Ademais dalgunha sorpresa, poderase gozar de 8 atraccións diferentes, talleres de robótica e haberá carriño de flocos de millo.

VENRES 23 DE DECEMBRO

Horario de mañá de 10.00h a 14.00h e pola tarde de 16.00h a 20.00h. Ademais dalgunha sorpresa, poderase gozar de 9 atraccións diferentes, talleres de chapas personalizadas e haberá unha gran chocolatada con doces.

SÁBADO 24 DE DECEMBRO

Horario de mañá de 10.00h a 14.00h. Ademais dalgunha sorpresa, poderase gozar de 9 atraccións diferentes e haberá un carriño de algodón doce.

A entrada ao recinto do Nadalpark, durante unha sesión de 4 horas, será de 10€. Aquelas persoas que presenten tickets de compra de establecementos asociados ao CCU por un importe de 9€ ou máis, só pagarán 1 euro para acceder ao recinto (Só serán válidos tickets de compra con data do 1 de decembro de 2022 ou posterior).

Visita de Papá Noel a Monforte

Papá Noel visitará Monforte de Lemos o vindeiro sábado día 24 de decembro. Estará na Rúa Cardenal xunto á árbore de luces de Nadal e estará acompañado polos seus renos e trineo, un elfo e o seu buzón máxico onde os máis pequenos poderán entregar a súa carta. Aseguran desde o CCU que “é moi probable que durante a visita de Papá Noel haxa intensas nevadas, así que vide preparados…”

Horario

De mañá de 11.00h a 14.00h e pola tarde de 16.00h a 18.00h. 

ÚLTIMAS

Alumnado de FP do IES A Pinguela visita a feira de emprendemento The Busines Startup Show

Alumnado dos ciclos formativos de Asistencia á Dirección, de Administración  e Finanzas, e de...

Pasado e futuro da Ribeira Sacra a debate

O encontro será un acto aberto a preguntas, comentarios e outras fórmulas de participación....

“Abrazando o bo trato” no Pazo de Tor

Baixo o lema “Abrazando o bo trato” realizouse visita guiada polo museo reparando nas pezas...

O PP lucense esixe garantir a seguridade no tramo de vía Monforte-Ourense

Os deputados do PP lucense amosan "a súa preocupación ante os problemas detectados durante...