HomesociedadeSarria celebrou o I Mercado Quilate especial Nadal

Sarria celebrou o I Mercado Quilate especial Nadal

Sarria acolleu este domingo o primeiro Mercado Quilate Especial Nadal, co que os anticuarios da vila que veñen organizando un rastro mensual queren consolidar unha edición nestas datas. A actividade contou co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O deputado Efrén Castro achegouse durante a mañá aos postos instalados na rúa do Porvir, que ofrecían os máis variados obxectos antigos e vintage, vinilos e obxectos curiosos e de coleccionismo.

A feira incluíu tamén demostracións de cestería, tecedura e olería organizadas pola área deArtesanía e Deseño, que contribuíron a atraer o público, reforzando a aposta da organización polo evento e ofrecendo un novo escenario para a promoción da artesanía lucense.

Postos de confitaría e repostería e a actuación do grupo Xaramolos contribuíron tamén a ambientar unha xornada moi concurrida, no espazo de referencia dos anticuarios en Sarria. Efrén Castro valorou “a iniciativa da organización que encheu Sarria de actividade durante esta xornada de domingo, animando a saír á rúa ás veciñas e veciños da vila e traendo ata aquí xente do resto da comarca”.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...

“As desterradas”, obra dirixida por Quico Cadaval, hoxe en Monforte

A función, organizada polo Concello de Monforte a través do circuíto da Rede Galega...

Como reacciona a oposición de Monforte á dimisión da concelleira de Igualdade, Margarita López?

A voceira popular en Monforte, Katy Varela, lembra que reclamaron desde o comezo a...

Recepción en Monforte ao novo Tenente Xefe do Destacamento de Tráfico

O rexedor, que estivo acompañado pola tenente alcalde, Gloria Prada, deulle á benvida á...